Este curso pretende ofrecer coñecementos específicos sobre os efectos do cambio climático no castiñeiro (Castanea sativa e híbridos), así como estratexias que se deben adoptar, enfocadas á conservación, adaptación e mitigación.
Dirección: Juan Luis Fernández Lorenzo (juanluis.fernandez [at] usc.es (juanluis[dot]fernandez[at]usc[dot]es))
Secretaría: Ana Couso Viana (ana.couso.viana [at] usc.es (ana[dot]couso[dot]viana[at]usc[dot]es))
Lugar de celebración: Edificio Impulso Verde - Concello de Lugo
Este curso conta coa colaboración do Concello de Lugo e da área de medio rural da Deputación Provincial de Lugo.
PROGRAMA
Día 9
9:00 a 9:30
Recepción dos participantes e entrega de documentación
9:30 a 10:00
Inauguración do curso
10:00 a 11:15
O castiñeiro, un tesouro a conservar
Antonio Rigueiro Rodríguez. Catedrático da USC
11:15 a 11:30
Descanso
11:30 a 12:45
Cambio climático e castiñeiro: impactos, mitigación e contribución á conservación da biodiversidade
Pedro Álvarez Álvarez. Catedrático da UNIOVI
12:45 a 14:00
Servizos ecosistémicos en paisaxes de castiñeiro nun horizonte de cambio climático
Emilio Díaz Varela. Profesor titular da USC
16:00 a 17:15
A diversidade xenética do castiñeiro
Santiago Pereira Lorenzo. Catedrático da USC
17:15 a 18:30
Pragas e enfermidades do castiñeiro nun contexto de cambio global
Fina Lombardero Díaz. Catedrática da USC
Día 9
10:00 a 11:15
Novos enfoques para os aproveitamentos de castiñeiro para madeira
Roque Rodríguez Soalleiro. Catedrático da USC
11:15 a 12:30
Novos materiais de castiñeiro
Beatriz Míguez Soto. Investigadora do CIF de Lourizán
12:30 a 12:45
Descanso
12:45 a 14:00
Ferramentas biotecnolóxicas para a mellora e a conservación do castiñeiro
Nieves Vidal González. Científica Titular da MBG-CSIC
16:00 a 17:15
Clons de castiñeiro tolerantes ao cambio climático
Beatriz Cuenca Valera. Responsable de Proxectos do viveiro de Maceda (TRAGSA)
17:15 a 18:30
Conservación de xermoplasma de castiñeiros monumentais
Juan Luis Fernández Lorenzo. Profesor titular da USC
Día 10
10:00 a 11:15
Visita ao ‘Souto das Gándaras’ e outras accións demostrativas do Proxecto LIFE Lugo + Biodinámico
Juan Luis Fernández Lorenzo