Ir o contido principal

Este curso analizará a relación das mulleres medievais co marco espacial no que desenvolveron a súa actividade política e representativa. Entre os seus obxectivos están: ofrecer ferramentas básicas para localizar, interpretar e comprender as sinerxias desenvolvidas entre as mulleres con poder da Idade Media e as escenografías nas que se integran; comprender o valor que ten o espazo no desenvolvemento das relacións entre mulleres e homes na Idade Media e o seu emprego dende o punto de vista do poder; apreciar a construción dos espazos do poder no marco da convivencia nas cidades e no marco da política, en clave de xénero; analizar as estratexias de mobilidade das que se serveron as mulleres poderosas para proxectar a súa imaxe no territorio; coñecer a articulación do territorio a partires das iniciativas desenvolvidas polas mulleres no ámbito laico e espiritual; achegarse ao patrimonio (historiográfico, arqueolóxico, artístico ou librario) para entender as diferentes manifestacións da autoridade feminina e como esta inflúe nun determinado marco espacial e, finalmente, comprender o significado dos lugares simbólicos dos que se servían as mulleres poderosas da Idade Media para construír a súa propia imaxe ou a memoria das súas liñaxes.