Este curso ten como obxectivos: aprender a realizar unha correcta toma de mostras, a súa conservación e transporte de maneira axeitada; coñecer as principais técnicas de diagnóstico para a detección e identificación de patóxenos de interese veterinario e a súa aplicación en diferentes casos clínicos; aprender a realizar técnicas básicas de diagnóstico e a interpretar correctamente os resultados obtidos, así como a adopción de medidas de bioseguridade e identificación de axentes patóxenos con potencial zoonósico; comprender as bases e limitacións das técnicas inmunolóxicas e moleculares empregadas para a detección dos principais patóxenos de interese veterinario e, finalmente, elaborar estratexias de control baseadas no diagnóstico en distintos contextos clínicos.
Dirección: Susana Remesar Alonso e Ceferino Manuel López Sández.
Secretaría: David García Dios.
Lugares de celebración: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa. Laboratorio de enfermidades infecciosas da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta primeira.
PROGRAMA
Luns 14 de xullo
10:00-10:15.
Presentación.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
10:15-11:50.
Diagnóstico coprolóxico en animais de compañía e produción. Parte I.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
Relatores: Dr. David García Dios, Investigador e Técnico do servizo de diagnóstico parasitolóxico de animais de compañía, produción e silvestres na Università degli studi di Sassari e Dr. Ceferino Manuel López Sández, profesor titular da área de Sanidade Animal.
11:50-12:10.
Descanso.
12:10-14:00.
Diagnóstico coprolóxico en animais de compañía e produción. Parte II.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
Relatores: Dr. David García Dios e Dr. Ceferino Manuel López Sández
Martes 15 de xullo
10:00-11:50.
Diagnóstico microbiolóxico en animais de compañía. Parte I.
Lugar: Laboratorio de enfermidades infecciosas da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta primeira.
Relatores: Dr. Alberto Prieto Lago e Dr. José Manuel Díaz Cao, profesores contratado doutor e permanente laboral da área de Sanidade Animal y Dr. Gonzalo López Lorenzo, contratado pos-doutoral da área de Sanidade Animal.
11:50-12:10.
Descanso.
12:10-14:00.
Probas serolóxicas e bioloxía molecular: Conceptos básicos para a súa interpretación. Parte I.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
Relator: Dra. Susana Remesar Alonso, profesora permanente laboral da área de Sanidade Animal.
Mércores 16 de xullo
10:00-11:50.
Diagnóstico microbiolóxico en animais de compañía. Parte II.
Lugar: Laboratorio de enfermidades infecciosas da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta primeira.
Relatores: Dr. Alberto Prieto Lago, Dr. José Manuel Díaz Cao e Dr. Gonzalo López Lorenzo.
11:50-12:10.
Descanso.
12:10-14:00.
Probas serolóxicas e bioloxía molecular: Conceptos básicos para a súa interpretación. Parte II.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
Relator: Dra. Susana Remesar Alonso.
Xoves 17 de xullo
10:00-11:50.
Diagnóstico de ectoparasitos. Parte I.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
Relatores: Dra. Rosario Panadero Fontán, catedrática de universidade da área de Sanidade Animal e Dra. Susana Remesar Alonso, profesora permanente laboral da área de Sanidade Animal.
11:50-12:10
Descanso.
12:10-14:00.
Diagnóstico de ectoparasitos. Parte II.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
Relatores: Dra. Rosario Panadero Fontán e Dra. Susana Remesar Alonso.
Venres 18 de xullo
10:00-11:50. Probas de diagnóstico hematolóxico. Parte I.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
Relatores: Dra. Rosario Panadero Fontán e Dra. Susana Remesar Alonso.
11:50-12:10.
Descanso.
12:10-13:50.
Probas de diagnóstico hematolóxico. Parte II.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.
Relatores: Dra. Rosario Panadero Fontán e Dra. Susana Remesar Alonso.
13:50-14:00.
Clausura.
Lugar: Laboratorio de enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo Pavillón 1. Planta baixa.