Este curso pretender abordar algúns dos retos aos que os servizos sanitarios deberán facer fronte ante o problema socio-sanitario que representa o cancro. Debaterase a necesidade de ofrecer unha atención integral que afronte non só a fase aguda da enfermidade, senón todo o proceso posterior unha vez finalizado o tratamento. Trataranse, tamén, os novos aspectos suxeridos polos asistentes de edicións anteriores deste curso (tanto polos relatores como polos asistentes).
Dirección: Mª Lourdes Vázquez Odériz e Salvador Ramos Rey
Secretaría: Vanesa Seoane Amorín / Dalia Romero Carnero
Lugar de celebración: TALASO ATLÁNTICO. Oia (Pontevedra)
OUTORGADO O RECOÑECEMENTO DE INTERESE SANITARIO por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (SA301A 2025/4-5). Conta cos Avais Científicos da Asociación Iberoamericana de Termalismo y Bienestar (AITB), da Sociedad Española de Hidrología Médica (SEHM), da Sociedad Española de Talasoterapia (SET) e da Sociedade Oncolóxica de Galicia (SOG).
Este curso conta co co-financiamento do TALASO ATLÁNTICO H. SL, e da Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia.
Entidades Colaboradoras: Tribuna Termal; Asociación Iberoamericana de Termalismo e Benestar (AITB). Associaçao Melgacense de Apoio Ao Doente Oncolóxico (CADO).
PROGRAMA
Luns, día 14
9:00h
Recepción e Rexistro.
9:15h
Inauguración do curso.
Representante do TALASO ATLÁNTICO H, SL
Dona Lourdes Vázquez Odériz. Catedrática de Nutrición e Bromatoloxía da USC e Codirectora do Curso.
Don Salvador Ramos Rey. Director Médico do Talaso Atlántico e Codirector do Curso.
9:30-10:45h
De que falamos cando falamos de Oncoloxía Integrativa, e Oncoloxía Metabólica. Simplificando conceptos.
Pilar LIANES BARRAGÁN. Doutora en Medicina. Oncóloga Médica con mirada integrativa. Vicepresidenta do Patronato Fundación Oncosur.
10:45-12:00h
A nutrición oncolóxica, unha especialidade transversal na prevención terciaria.
Luis CABAÑAS ALITE. Dietista-Nutricionista, Doutor pola Universidade de Valencia. Experto Universitario en Nutrición Clínica e Oncoloxía. Profesor Doutor na Universidade Europea de Valencia e na Universidade Europea Miguel de Cervantes
12:00h
Café Descanso.
12:30-13:45h
Prescribir Natureza: Medicina Termal e Terapia Acuática en persoas afectadas por cancro. TALASOTERAPIA: A Receita Azul.
Salvador RAMOS REY. Médico e Licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Máster en Dirección e Xestión Clínica. Director médico do Centro de Talasoterapia. TALASO ATLÁNTICO.
13:45-14:00h
Visita guiada ao Centro de Talasoterapia.
Vanesa SEOANE AMORÍN. Directores do Centro de Talasoterapia TALASO ATLÁNTICO.
14:00h
Comida.
15:30-17:00h
Toma de decisión compartida profesional-paciente: ¿como documentar a conversación dentro da historia clínica do paciente?.
Francisco GIL MONCAYO. Xefe do Servicio de Psicooncoloxía. Instituto Catalán de Oncología-Hospitalet, Profesor Asociado de Tecnocampus-Mataró. Universitat Pompeu Fabra. Responsable do Observatorio de Atención Psicosocial del ICO.
17:00-18:30h
Tai-Chi / Chi-Kung pra ti: Buscando a serenidade e a harmonía.
Eva MACHADO GALLEGO. Terapeuta do Centro de Talasoterapia TALASO ATLÁNTICO.
Martes, día 15
9:00-10:15h
TALLER: Valoración dietético-nutricional do paciente oncolóxico na Consulta.
Luis CABAÑAS ALITE. Dietista-Nutricionista. Doutor pola Universidade de Valencia. Experto Universitario en Nutrición Clínica e Oncoloxía. Profesor Doutor na Universidade Europea de Valencia e na Universidade Europea Miguel de Cervantes
10:15-12:15h
MESA REDONDA: O Rol fundamental da Enfermaría.
Ma Dolores FERNÁNDEZ PEREZ. 'Curar e Coidar'. Supervisora de Oncoloxía e de Coidados Paliativos. Complexo Hospitalario de Ourense.
Mercedes DOMINGUEZ FERNÁNDEZ. 'O papel da enfermería na coordinación sociosanitaria'. Enfermeira Xestora da Unidade de coordinación e apoio asistencial a residencias sociosanitarias. Servicio de Hospitalización a Domicilio del Complexo Hospitalario Universitario da Coruña CHUAC.
ANA CARRERA FERNÁNDEZ. 'Enfermeira Xestora de Caso: Unha necesidade asistencial'. Enfermeira Xestora de Vía Rápida de procesos diagnósticos de cancro. Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Lugo.
Fran ROMÁN LOSADA. 'Presentación do Comité de Enfermería Oncohematolóxica (CEOH)'. Enfermeiro Supervisor da Área Funcional Proceso Oncohematolóxico. Hospital Álvaro Cunqueiro. Vigo.
12:15h
Café Descanso.
12:40-13:45h
Néboa mental (Chemo brain) durante o proceso oncolóxico. Taller de rehabilitación cognitiva.
Cristina SALGADO BLANCO. Investigadora Postdouctoral en Neurociencia e Psicoloxía Clínica. Universidade de Santiago (USC).
13:45h
Comida.
15:15-17:30h
TALLER: Hidro-cinesioterapia en piscina dinámica de auga de mar.
Elena VILLACIEROS ARANGÜENA. Fisioterapeuta. Especialista en Terapia Acuática. Centro de Talasoterapia TALASO ATLÁNTICO.
Hugo FERNÁNDEZ SÁNCHEZ Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Centro de Talasoterapia TALASO ATLÁNTICO.
17:45-18:45h
Manexo activo da dor: Afrontando a dor no proceso oncolóxico
María Teresa CARRILLO DE LA PEÑA. Catedrática da Área de Psicobioloxía. Universidade de Santiago (USC).
Mércores, día 16
9:15-10.30h
Mecanismos biolóxicos dos efectos do Exercicio Físico contra o cancro.
Alejandro LUCÍA MULAS. Catedrático de Fisioloxía. Universidade Europea de Madrid.
10:30-11:45h
TALLER: PSICOONCOLOXÍA. Programa de Autocoidado a residentes de Oncoloxía e de Enfermería: desde o mindfulness ao Insigh.
Francisco GIL MONCAYO. Xefe do Servicio de Psicooncoloxía. Instituto Catalán de Oncología-Hospitalet, Profesor Asociado de Tecnocampus-Mataró. Universitat Pompeu Fabra. Responsable do Observatorio de Atención Psicosocial del ICO.
11:45-12:15h
Café descanso
12:15-13:30h
Cando o Oncólogo/a é o paciente. A vida 'alén do espello'.
Isabel Mª BOVER BARCELÓ. Oncóloga, Servizo de Oncoloxía Médica. Hospital San Liàtzer. Máster en Humanización Sanitaria dirixida a pacientes, familiares e profesionais. Universidade de Barcelona.
Rosario OTERO GONZÁLEZ. Enfermeira de Atención Primaria. León
13:30-15:30h
TALLER de Cociña Atlántica Oncosaludable
Javier FINS. Chef do Hotel Talaso Atlántico.
Nicolás PIEDRAFITA PAEZ. Dietista-Nutricionista. Atención Primaria da Área Sanitaria Vigo. Máster en Saúde Pública
15:30-17:00h
Medicina Narrativa. Os pacientes relatan a súa enfermidade.
Pilar LIANES BARRAGÁN. Doutora en Medicina. Oncóloga Médica con mirada integrativa
Salvador RAMOS.
Rexina VEGA. Filóloga y Escritora. Profesora da Facultade de Filoloxía, Universidade de Vigo
17:00-19:00h
TALLER de Climatoterapia: Recorrido Mar e Montaña.
Nuria FREIRE BARROS. Licenciada en Ciencias da Actividade Física. Experta en Exercicio Físico en pacientes oncolóxicos.
Hugo FERNÁNDEZ SÁNCHEZ. Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Máster en Exercicio e Saúde. Centro de Talasoterapia TALASO TATLÁNTICO.
Xoves, día 17
9:00-10:30h
Exercicio Físico en Oncoloxía Pediátrica.
Carmen FIUZA LUCES. Instituto de Investigación Sanitaria do Hospital Universitario 12 de Octubre (i+12). Madrid.
10:30-10:50h
Café Descanso
10:50-12:30h
MESA REDONDA: Oncoloxía Pediátrica e Adolescentes.
María TALLÓN GARCÍA. 'Necesidades específicas en menos e adolescentes'. Oncóloga Pediátrica. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).
Alba HEVIA TUÑON. 'Acompañamento emocional e terapias complementarias. A importancia de tratar ao neno máis alá do seu cancro'. Unidade de Coidados Paliativos a Domicilio. Complexo Asitencial Universitario de León.
Laura GAMONAL GONZALEZ. 'Identificación da fraxilidade na coordinación sociosanitaria'. Médica Xeriatra, Máster en Coidados Paliativos. Unidade de coordinación e apoio asistencial a centros sociosanitarios da Área sanitaria da Coruña e Cee.
Salvador RAMOS REY. 'A necesidade de Programas de Coidados Continuos Post cancro'.
12:30-14:00h
A VOZ DAS ASOCIACIÓNS DE PACIENTES.
Asociación 'Bicos de Papel'. ASANOG: Asociación de Axuda a nenos oncolóxicos de Galicia; AGL: Asociación Galega de Linfedema. Vilagarcía de Arousa; CMM: Asociación de Cáncer de Mama Metastásico; Por + Vida: Asociación Oncohematolóxica de Fene; LIBÉLULAS BCS Pontevedra: Proxecto Dragon Boat; ACAM TARRACO: Asociación Acompañamento de Cáncer de mama, testicular y Ginecológico. CADO: Centro de apoio ao doente oncológico, Melgaço (Portugal).
14:00h
Comida.
15:30-17:00h
MESA REDONDA: Exercicio Físico en pacientes oncolóxicos. Experiencias en Galicia
Por + Vida, Concello de Fene, Spa LOIDA A Coruña; Balneario de Guitiriz (Lugo); Facultade de CAFIYD. Universidade da Coruña-Concello de Oleiros; Talaso Atlántico, Oia (Pontevedra). Vigo-Entrena.
17:00-18:30h
MESA REDONDA: Alimentación e Nutrición en pacientes oncolóxicos. Experiencias en Galicia.
Dietistas-Nutricionistas. Grao en Nutrición Humana e Dietética. USC Campus del Lugo.
Antía PEREZ VÁZQUEZ. A experiencia en consulta de nutrición cos pacientes oncolóxicos.
Nicolás PIEDRAFITA PAEZ. A importancia do Nutricionista en Atención Primaria.
Daniel PRESA MORALES. O impacto da soia no cancro de mama. Presentación TFG.
Oliver SAMBAD-BALIÑA DURÁN. Suplementación e Dietas no paciente con cancro. A importancia de ser críticos ca evidencia.
Ma Lourdes Vázquez Odériz. A nosa Experiencia.
18:30h
REFLEXIÓN FINAL E CONCLUSIÓNS. Lourdes Vázquez Odériz / Salvador Ramos Rey
CLAUSURA
INFORMACIÓN ADICIONAL
Para os Talleres prácticos precísase roupa e calzado cómodos.
Para a actividade en piscina precísase traxe de baño e gorro.