Este curso ofrece unha oportunidade para coñecer os últimos avances científicos no ámbito da psicosocioloxía aplicada e explorar solucións prácticas para a súa prevención e xestión en diferentes contornas laborais. Abordará a comprensión dos riscos psicosociais, as ferramentas para a súa avaliación, as estratexias de intervención e o papel das políticas públicas na súa mitigación, contribuíndo á creación de ambientes laborais máis saudables e sostibles.
Dirección: Carlos Montes Piñeiro e Adela Quinzá Torroja-García
Secretaría: Carlos Dopico Casal e Alberto Conde Bóveda
Lugar de celebración: Salón dos Alcaldes - Pazo de Ibáñez, Ribadeo (Lugo)
Web propia
Este curso conta co co-financiamento do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), que se enmarca na actuación do Laboratorio de Riscos Psicosociais, froito da colaboración entre o ISSGA e a USC
PROGRAMA
Día 11
11:30 a 12:00
Inauguración do curso
Alcalde do Concello de Ribadeo
Representante da Universidade de Santiago de Compostela
Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
12:00
Conferencia: Identificación dos riscos psicosociais no traballo
María Jesús Otero Aparicio, Responsable da Unidade Técnica de Psicosocioloxía no Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo
12:45
Conferencia: Avances no estudo dos riscos psicosociais
Carlos Montes Piñeiro, Profesor de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións na Universidade de Santiago de Compostela e Director do Curso
13:30
Panel: Xénero e riscos psicosociais no traballo
Myriam Garabito Cociña, Xefa do Centro ISSGA de Lugo; e Elena Mancha Montero de Espinosa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
16:30
Obradoiro: Avaliación de riscos psicosociais: Ferramentas e métodos
César André Rivas, Xefe da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
Día 12
9:00
Panel: Deseño de intervencións eficaces para previr os riscos psicosociais
María Jesús Copa Arias, Técnica de Seguridade e Saúde Laboral no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia; e Laura Neira Fernández, Vicepresidenta da Asociación de Especialistas en Enfermaría do Traballo de Galicia
10:15
Obradoiro: A cultura organizacional e o liderado na xestión dos riscos psicosociais
Antonio Vázquez Vázquez, Consultor sénior especialista en cultura preventiva de PrevenControl e membro da xunta directiva da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais; e Javier Martínez Pérez, Especialista Global de Seguridade e Saúde Laboral en Resonac Graphite e membro da xunta directiva da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais.
12:00
Obradoiro: Xestión do estrés e mecanismos de afrontamento: O programa (Des)Conecta
Carlos Dopico Casal, Investigador predoutoral FPU na Universidade de Santiago de Compostela
13:00
Conferencia: Promoción da saúde integral no lugar de traballo
Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da Área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
Día 13
9:00
Conferencia: Marco internacional para a xestión dos riscos psicosociais
Encarna Sousa Rodríguez, Subdirectora xeral técnica e de planificación en Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
10:15
Conferencia: Función da ITSS na supervisión e cumprimento da normativa
Demetrio Ángel Fernández López, Director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social
11:45
Panel: Políticas públicas e futuro da xestión dos riscos psicosociais no traballo
Adela Quinzá-Torroja García, Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia; Lourdes Iscar Reina, Directora Xeral de OSALAN - Instituto Vasco de Seguridad y Salud Laborales; e Myriam Hernández Fernández, Directora Xeral do Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales
13:30
Acto de clausura
Dirección do Curso de Verán