Ir o contido principal

A xustiza do s. XXI debe ser intelixible para o conxunto da sociedade, isto é, para xuristas e non xuristas. Comporta isto no mundo contemporáneo, a monitorización do ordenamento xurídico para preguntármonos polas diferentes facianas do poliedro-Xustiza dende unha perspectiva interdisciplinar: como protexemos xuridicamente os colectivos vulnerables? E os ecosistemas? Como aplicamos a perspectiva de xénero á xustiza? E a perspectiva de clase?