Curso de iniciación ao teatro. Campus de Santiago de Compostela
Durante o curso terás unha toma de contacto coas principais ferramentas de traballo dun intérprete: a importancia do corpo, o coidado da voz, cuestións principais de ritmo, escoita en escena…
Acceso: para acceder a este curso debes presentarte ás probas de acceso que se realizan a comezos de curso académico (días 23, 24 e 25 de setembro de 2024, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, desde as 18.00h) co fin de coñecer os teus intereses. Non tes que ter ningunha experiencia.
Obxectivo deste curso: acoller a todas as persoas interesadas da comunidade universitaria en iniciarse na arte dramática e que non queden fóra de ningunha das outras convocatorias que existen no noso programa (escola de teatro / compañía de teatro).
Horarios: o curso terá lugar todos os martes lectivos desde o 8 de outubro de 2024 ata o 29 de abril de 2025, de 19.30h a 21.30h
Lugar de realización: na sala Luísa Cuesta, ubicada no baixo da cafetería da residencia universitaria Burgo das Nacións.
Imparte: Helena Salgueiro
Prazas: 12 (de ser necesario crearase un segundo grupo de traballo)
Matrícula
Para inscribirte, desde o día 30 de setembro de 2024 manda un correo electrónico a: area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal).
Prezos:
- Comunidade universitaria: 110 euros (1º prazo: 60 / 2º prazo: 50)*
- Taxa xeral: 250 euros (1º prazo: 150 / 2º prazo: 100)*
*1º prazo antes do día 8 de outubro de 2024 / 2º prazo antes do día 20 de xaneiro de 2025
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es