O taller de iniciación á fotografía consta de 4 sesións e será impartido pola Asociación fotográfica Maruja Roca.
Para realizar o curso é recomendable unha cámara fotográfica que permita ser usada en modo manual. Tamén se pode realizar o curso empregando un smartphone con aplicación que permita controlar os parámetros fotográficos.
O taller desenvolverase en 4 sesións:
- 8 de novembro: de 17:00h a 20:00h, na Casa do Saber
Tipos de cámaras -Tipos de arquivos dixitais: RAW, JPG, TIF. -Tipos de lentes fotográficas: fixos, zooms, angulares, normais e teleobxectivos -Tipos de enfoque: Manual, simple e continuo -Profundidade de campo -Modo de prioridade á apertura.
- 15 de novembro: de 17:00h a 20:00h, na Casa do Saber
Modos de medición da luz e histograma -Velocidade de obturación -Modo de prioridade á velocidade -Sensibilidade/ISO -Balance de Brancos e temperatura de Cor
- 22 de novembro: de 17:00h a 20:00h, na Casa do Saber
Triángulo de exposición -Modo Manual -Manipulación básica de arquivos RAW -Conceptos fotográficos vinculados coa técnica en relación a grandes fotografías da historia
- 29 de novembro: de 17:00h a 20:00h
Saída fotográfica
Prezos
- Taxa xeral: 100 euros
- Taxa comunidade universitaria e membros da Asociación: 60 euros
Para poder aboar as taxas é preciso realizar unha transferencia bancaria ao nº de conta ES54 2080 0300 84 3110000482, indicando:
- Pagador/a da transferencia: Indicar o nome e apelidos
- Concepto do pagamento: Taller de iniciación á fotografía
- Beneficiaria: Vicerreitoría de Estudantes e Cultura
Inscrición
Inscrición do 1 de outubro ao 5 de novembro de 2024. Para formalizar a matrícula do curso, a maiores de cubrir o formulario de inscrición, cómpre remitir un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) coa seguinte documentación:
- Copia do xustificante da transferencia bancaria polo importe da taxa correspondente
- Copia do DNI
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es