Festival de ocio familiar único en Galicia que terá lugar en Area Central no barrio das Fontiñas en Santiago de Compostela.
I Edición do Festival Dálle Xogo
Xogos de mesa, obradoiros i experiencias educativas que fomenten a conexión e a diversión sen pantallas.
Desenvolverase nun espazo único e singular na capital de Galicia con todos os servizos. Un espazo cheo de mesas, xogos, demostradores, editoriais, torneos, presentacións, charlas ou obradoiros.
O xogo será o protagonista deste festival, un ocio saudable sen pantallas para gozar en familia, entre amigos ou en parella.
Dende a dirección do festival procuran persoas apaixonadas dos xogos con gañas de compartir a súa afección e o seu tempo. Poderás axudar na organización, informando, realizando demostracións de xogos, monitorizando que todo vaia ben ou dinamizando espazos de expositores ademais de ter un bo ambiente de traballo.
- Horario: venres 21 de novembro, de 16:30 a 20:30 h. e sábado 22 de novembro, de 10:30 a 20:30 h.