Co lema '100 días do novo regulamento: obstáculos ou oportunidades?'

O II Seminario de Dereitos Humanos e Migracións desenvolverase o 23 de outubro no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, nesta ocasión dedicado aos cambios producidos en 2025 na normativa de estranxeiría e como afectarán as persoas migrantes.
No encontro analizaranse os cambios e as posibles solucións nos casos máis vulnerables e verase como afecta o novo regulamento ás persoas que queren vir a España desde o seu país de orixe, como é a nova tarxeta para familiares de españois, os cambios relacionados coa protección internacional ou coas vítimas de violencia de xénero.
O programa dará comezo ás 9.15 horas coas intervencións de María Teresa Bustamante Fernández, avogada e presidenta da Asociación de Migrantes de Galicia - AMIGA e de Marta Lois González, decana da Facultade anfitrioa. A continuación, terá lugar unha mesa sobre os retos do sistema de acollida de Protección Internacional en España da man de Lucía Maquieira Caeiro, directora da Red Acoge. A segunda mesa, ás 11.30 horas, versará sobre 'Análise e valoración aos 100 días do novo regulamento' e nela intervirán Elena Maison Díaz de la Rocha, coordinadora xurídica da Asociación Ecos do Sur: A violencia sobre a muller no novo regulamento; Beatriz García Méndez, avogada de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela; e Gonzalo Sáez Martinsanz, avogado da Asociación Arraianas de Santiago de Compostela.
Para máis información e inscricións: info [at] amiga.gal (info[at]amiga[dot]gal)