Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Iniciativa de voluntariado no BALRIAL.

O Banco de Alimentos é unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal a consecución e aproveitamento dos alimentos excedentarios coa intención de facerllos chegar aos Centros Asistenciais e, a través deles, ás familias e ás persoas necesitadas. Tamén organizan as “operacións quilo”, que só se fan en certas épocas do ano e duran dous días (venres e sábado) no horario de apertura habitual dos supermercados colaboradores. A sede de almacén do banco está localizado na Vía Diesel, 14, no Polígono Industrial do Tambre.

Os seus fins son:

  • Contribuír a reducir a fame na provincia.
  • Educar e concienciar á poboación sobre a problemática alimentaria e as súas alternativas de solución.
  • Desenvolver a conciencia social solidaria, instalando o principio de responsabilidade social compartida.
  • Prover aos comedores sociais, fogares de anciáns, fogares de nenos e outras institucións e entidades de ben público de alimentos sans e nutritivos.
  • Involucrar ao sector empresarial para comprometelo en accións de responsabilidade social mediante a achega de doazóns de produtos excedentes non comercializables.
  • Impulsar axudas e doazóns monetarias de particulares e empresarios destinados a soster o proxecto.
  • Promover e difundir solucións posibles para superar a problemática da fame.
  • Programa de apoio no almacén do Banco

    • Clasificación de alimentos procedentes de recollidas, doazóns e operacións quilo de empresas e supermercados.
    • Preparación de lotes de alimentos para a entrega ás entidades.
    • Tarefas administrativas.
    • Horario: de 9 h a 13 h.
    • Prazas: s/n.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.