A Asociación TDAH Salnés está a realizar un Programa de Reforzo Educativo a través de diferentes obradoiros que se levan a cabo na sede principal (Pavillón Castelao, de Vilagarcía) e na sede comarcal do Barbanza (Casa da Cultura de Aguiño).
Obradoiros Xogando coa Arte
Apoio ás tarefas que se desenvolven nos diferentes obradoiros que teñen lugar nas dúas sedes da asociación, Vilagarcía e Aguiño. Estes obradoiros realízanse con persoal da rama docente, pedagóxica, psicolóxica e tamén artística e divídense en dous grupos: artístico-pedagóxicos e psicoeducativos. Están destinados a socias/os e non socias/os, teñan ou non TDAH, en atención á Diversidade. Ademais, estes obradoiros serven de formación para as persoas voluntarias.
Hai dúas quendas:
- Horario: sábados dende outubro de 2025 ata xuño de 2026, de 10:45 a 12 h. (de 5 a 9 anos) e de 12 a 13:30 (de 10 a 14 anos)
- Prazas: 8 de maneira que poidan ir rotando os sábados en ambas sedes e tendo en conta as características dos menores asistentes (TDAH, dislexia, NEE, etc...)
X Xornadas anuais TDAH SALNÉS
Coincidindo coa semana de visibilización do TDAH no marco europeo, realizarase unha actividade formativa durante todo o sábado no que haberá relatorios nos que se tocarán temas relacionados coa diversidade impartidos por diferentes profesionais da educación, sanidade, psicoloxía, etc.
- Día e hora: sábado 25 de outubro de 2025, de 8 a 20 h.
- Prazas: todas as persoas voluntarias que conforman o grupo de voluntariado, xa que estas xornadas forman parte do programa de Formación do Voluntariado.
Campa-Escola de verán e programas de conciliación
Campamentos pensados para as dúas sedes para o período vacacional de nadal, veran e pascua, en atención á conciliación familiar das/os socias/os e todas as familias que necesiten deste servizo, teñan ou non algunha necesidade específica educativa, sendo preferente en canto á prazas, que teñan TDAH ou dislexia.
- Viste de laranxa o teu Nadal.
- Coinciliando "De Ramos a Pascua".
- "Viva o entroido".
En atención á Conciliación Familiar das socias e socios, ata ocupar todas as prazas ofertadas, realizaranse estes campamentos nos que se pretende crear un espazo de ocio educativo que sexa unha alternativa diferente en atención ás características destas rapazas e rapaces e ocupar o seu tempo vacacional dunha maneira atractiva para elas/es e de axuda para as familias.
As actividades que se levarán a cabo, coordinadas e dirixidas por pedagogas e docentes van dende o apoio escolar ata a realización de diferentes obradoiros, así como xogos individuais, colectivos, saídas ao exterior (no idiomacastelán, galego e inglés).
Contarase para que o precise con un plan "madrugadoras/es".
- Horario: de luns a venres, de 8 a 15 h. en atención ao calendario que corresponda a cada actividade, coincidindo coas vacacións escolares.
- Prazas: 8, de maneira que podan irse rotando en ambas sedes e tendo en contas as características das nenas e nenos asistentes.
Programa In-Formativo
- Escolas de familias.
- Formación de profesionais e voluntariado.
- Carpas
- Charlas impartidas en concellos ou noutras entidades.
- Horario: dende novembro, segundo demanda de socias/os, familias, profesionais, outras entidades, etc
- Prazas: s/n, segundo as necesidades que xurdan.
Dinamizando con TDAH SALNÉS
Actividades dinamizadoras con outras entidades e administracións, respondendo ás invitacións a colaborar, como por exemplo "Aldea de Nadal" de Vilagarcía de Arousa.
- Horario: segundo as datas dos eventos.
- Prazas: s/n, segundo as necesidades.