
Festival de ocio familiar único en Galicia que terá lugar en Area Central no barrio das Fontiñas en Santiago de Compostela os días 21 e 22 de novembro.
I Edición do Festival Dálle Xogo
Xogos de mesa, obradoiros i experiencias educativas que fomenten a conexión e a diversión sen pantallas.
Desenvolverase nun espazo único e singular na capital de Galicia con todos os servizos. Un espazo cheo de mesas, xogos, demostradores, editoriais, torneos, presentacións, charlas ou obradoiros.
O xogo será o protagonista deste festival, un ocio saudable sen pantallas para gozar en familia, entre amigos ou en parella.
Dende a dirección do festival procuran persoas apaixonadas dos xogos con gañas de compartir a súa afección e o seu tempo. Poderás axudar na organización, informando, realizando demostracións de xogos, monitorizando que todo vaia ben ou dinamizando espazos de expositores ademais de ter un bo ambiente de traballo.
Coa túa participación daranche:
- A camiseta oficial do festival.
- O xogo que demostres ou expliques.
- Un certificado de asistencia.
- Prazas: 15
- Horario: venres 21 de novembro, de 16:30 a 20:30 h. e sábado 22 de novembro, de 10:30 a 20:30 h.