Iniciativa de voluntariado cultural desenvolvida en Ramirás (Ourense)
O Festival Internacional Rebulir 2025 contabiliza XX edicións desenvolvendo actividades en diferentes localidades da provincia de Ourense pero con epicentro en Ramirás.
O festival procura crear un espazo de convivencia intercultural con unha clara vocación pedagóxica que se fai latente nas múltiples actividades socioeducativas que integran o programa.
Neste evento, é habitual a integración de voluntarias/os que durante catro xornadas conviven cos colectivos participantes, prestan apoio ás actividade e fan de mediadoras/es ou guías. Moitas/os destas/es voluntarias/os son estudantes universitarias/os.
- Prazas: 10
Datas: do 18 ao 21 de decembro de 2025
Horario: de 13 a 22 h.