Ir o contido principal
Special Olympics Galicia é unha Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual que traballan para promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte, o ocio, a cultura.

A verdadeira meta das súas actividades deportivas é promover as capacidades de cada participante, redirixindo a atención, non ás súas limitacións, senón a características como a iniciativa, o liderado, a cooperación, o valor  e o autocontrol. Igualmente potencian cualidades como a axilidade, a flexibilidade, a resistencia e a coordinación, características que axudan ás persoas con discapacidade intelectual a melloras a súa confianza e autoestima.

Coas xornadas deportivas procuran:  

  • Proporcionar oportunidades para desenvolver aptitudes físicas.
  • Promocionar o deporte base.
  • Potenciar a participación das persoas con discapacidade intelectual en actividades deportivas normalizadas.
  • Apoiar ás persoas con necesidades especiais,  contribuíndo así o desenvolvemento persoal e social.
  • 0frecerlles aos participantes posibilidades reais de gañar.
  • Adaptar a proba á persoa con discapacidade intelectual, e non a persoa á proba.
  • Un sistema de competición para tódalas entidades de persoas con discapacidade intelectual nas diferentes modalidades deportivas.
  • Dar maior relevancia aos deportes minoritarios e adaptados ás persoas.
  • Ofrecer unha competición adaptada e de calidade.
  • Formar ao persoal técnico deportivo para ofertar unha calidade á hora de adestrar.
  • Visibilizar na sociedade as capacidades das persoas con discapacidade intelectual.
  • Fomentar a colaboración entre entidades que traballan con persoas con discapacidade.
  • Abrir á cidadanía as súas actividades, incluíndo deportistas con e sen discapacidade intelectual.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2025.