A proposta integra o debate académico e a acción social co propósito de abordar e ofrecer respostas á fenda interxeracional, a soidade dos maiores fomentando o diálogo entre xeracións e promovendo competencias comunicativas, críticas e empáticas.
Debate Académico Interxeracional
O proxecto baséase na colaboración semanal entre estudantes universitarios e persoas maiores, conformando un grupo estable de entre quince e vinte participantes, maioritariamente mulleres. Durante estas sesións, os universitarios imparten formación en técnicas de argumentación estruturada, favorecendo así a participación activa e o desenvolvemento do pensamento crítico nas persoas maiores.
As sesións teñen unha duración aproximada de dúas horas e estrutúranse en grupos mixtos nos que se traballan temas de especial relevancia social, como a migración, o respecto ás crenzas relixiosas ou o consumo de alcohol, adoptando alternativamente os roles a favor e en contra.
Este proxecto non só achega o debate académico a unha xeración que historicamente tivo un acceso limitado a esta ferramenta, senón que tamén contribúe de maneira significativa á inclusión social, á educación en valores e ao aprendizaxe colaborativo.
Ademais, o proxecto alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, particularmente co ODS 4 (Educación de Calidade) e co ODS 10 (Redución das Desigualdades), reforzando así o seu carácter educativo e social.
Durante o pasado curso académico leváronse a cabo seis debates e doce sesións de preparación, constatándose un impacto moi positivo tanto nos estudantes universitarios coma nas persoas maiores participantes, en termos de motivación, aprendizaxe e cohesión interxeracional. Esperamos obter os mesmos resultados este curso.
- Horario: luns, de 17 a 19 h.
- Prazas: 20