Skip to main content

EVOHÉ cumpre 25 anos cun monográfico sobre Valente

Número 32 de Evohé
Número 32 de Evohé. Revista Cultural do Campus de Lugo
O número 32 de Evohé. Revista Cultural do Campus de Lugo, dirixida polo estudante Mario Sanfiz, presenta un monográfico dedicado a José Ángel Valente no 25 aniversario da publicación, a máis lonxeva no seu xénero da USC, e aparece presentado polo seu director e ilustrado pola artista lucense Sara Lamas.
Lugo

En primeiro lugar, publícanse por parte de alumnado e ex-alumnado da Facultade de Humanidades de Lugo, entrevistas ao poeta Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente (a cargo da mexicana Mariana Vergara), aos doutores en Valente Manuel Fernández Rodríguez e Saturnino Valladares (a cargo de Laura García e Verónica Castro respectivamente), á ex-directora de Evohé Cristina Fiaño, autora dun TFM sobre Valente e Gelman (a cargo da arxentina Loreley Ritta) e á poeta Anna Orlitskaya, tradutora de Valente ao ruso (a cargo de Marcela Bao). Seguidamente, figuran colaboracións de máis alumnado do Campus de Lugo, concretamente un retrato de Valente (realizado por Aarón Rodríguez), un artigo sobre a historia contemporánea na obra do poeta (debido a Sabela Méndez) e dous traballos sobre conexións de Valente con Shakespeare e con Lorca (respectivamente elaborados por Dánel Negro e pola inglesa Niamh Collins).
Nunha intercultural sección creativa, figuran poemas de Tamila Alem (desde o Véneto), Adina Ioana Vladu (de Transilvania a Galicia) e Anna Orlitskaya (desde Moscova), así como traduccións ao galego desde o inglés de versos do hispanista norteamericano Julian Palley e unha prosa debida a S. L. Baltimore. Por último, inclúese o artigo “Palmyre Ros, unha filla de exiliados, pioneira en Galicia da prensa clandestina de mulleres baixo o franquismo” de Claudio Rodríguez Fer.

 

A REVISTA EVOHÉ DISPOÑIBLE NA REDE

O último número de Evohé. Revista Cultural do Campus de Lugo, publicación que existe desde hai un cuarto de século, xa está dispoñible no repositorio Minerva da USC co seguinte enlace permanente:

http://hdl.handle.net/10347/26591
Sumario e contidos deste número 32, dirixido por Mario Sanfiz, que conta con ilustracións de Sara Lamas e cun monográfico dedicado a Valente:

~ENTREVISTAS~
Entrevista a Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente
por Mariana Vergara García 
Entrevista a Manuel Fernández Rodríguez, doutor na narrativa de Valente
por Laura García López 
Entrevista a Saturnino Valladares, doutor no epistolario de Valente
por Verónica Castro Escudero 
Entrevista a Cristina Fiaño, autora dun TFM sobre Valente e Gelman
por Loreley Ritta Cardero 
Entrevista a Anna Orlitskaya, tradutora de Valente ao ruso
por Marcela Bao 

~ARTE GRÁFICA~
Retrato de José Ángel Valente por Aarón Rodríguez No 

~ARTIGOS~
De Shakespeare a Valente: “La cabeza de Yorick” 
por Dánel Negro Rilo 
El artículo “Bodas de Sangre” de Valente
por Niamh Collins 
Grandes acontecimientos de la historia contemporánea en la obra de Valente 
por Sabela Méndez Trabado 

Sección varia | Creación literaria libre
~CADERNOS DE VIAXES POÉTICAS (POESÍA INTERNACIONAL)~

ORIXE OURENSE. VERBAS VITAIS QUE VOAN AO VÉN(E)TO
Tres poemas por Tamila Alem 

VIAXE NO VERDE: DA TRANSILVANIA IMAXINARIA Á GALICIA CORPORAL
Miniciclo do tempo por Adina Ioana Vladu 

POSTAIS DENDE MOSCOVA, ALÍ ONDE CHEGOU A POESIA SOÑADA
Poesía bilingüe, creada e traducida por Anna Orlitskaya

CALIFORNIA DREAMIN’ (ON SUCH A WINTER’S DAY). CONEXIÓN NORTEAMERICANA
Tradución ao galego de dous poemas de Julian Palley (1925-2014)
por Adina Ioana Vladu 

~PROSAS E ARTIGOS~
Everything remains… (Contrastes), por S. L. Baltimore 

Palmyre Ros, unha filla de exiliados, pioneira en Galicia da prensa clandestina de mulleres baixo o franquismo, por Claudio Rodríguez Fer 

The contents of this page were updated on 07.21.2021.