Skip to main content

Investigadores do Campus Terra impulsan o encoro de Cecebre como primeiro observatorio da rede Gleon na Península Ibérica

Investigadores del Campus Terra impulsan el embalse de Cecebre como primer observatorio de la red Gleon en la Península Ibérica
Investigadores del Campus Terra impulsan el embalse de Cecebre como primer observatorio de la red Gleon en la Península Ibérica
O encoro de Cecebre vén de converterse no primeiro observatorio ecolóxico da Península Ibérica incluído na rede Gleon de investigación nacional en lagos e encoros, grazas á  iniciativa impulsada...
Lugo

O encoro de Cecebre vén de converterse no primeiro observatorio ecolóxico da Península Ibérica incluído na rede Gleon de investigación nacional en lagos e encoros, grazas á  iniciativa impulsada pola empresa municipal de augas da Coruña Emalcsa en colaboración cos investigadores da spin-off do Campus Terra da USC 3edata e coa UDC.

 

A responsable de I+D da spin-off da USC radicada en Lugo 3edata, a doutora enxeñeira de Montes Carmen Cillero foi a encargada de presentar o novo Gleon Site do encoro de Cecebre na última reunión deste colectivo internacional celebrada na localidade de New Paltz (Nova York), unha sesión na que tamén participou o doutor en Xeoloxía e experto en limnoloxía da UDC Jordi Delgado Martín.

 

Estes dous investigadores desenvolveron o seu traballo dentro dun convenio de colaboración subscrito con Emalcsa e incluído nunha das liñas estratéxicas da recentemente creada Cátedra Emalcsa. Ademais desta actuación, Cillero e Delgado tamén participan en diversos grupos de traballo dentro de Gleon, unha rede ao abeiro da que presentaron un proxecto de investigación orientado á xeración dunha ferramenta de monitorización de ecosistemas acuáticos baseada en teledetección e datos remotos. Este novo dispositivo servirá de soporte para integrar datos de alta frecuencia e imaxes multiespectrais tomadas desde satélites e UAVS.

 

A rede científico técnica Gleon reúne a máis de 600 investigadores de 55 países e conta con máis de 50 observatorios ecolóxicos, repartidos en 34 países e seis continentes. Dentro destas instalacións, Cecebre convértese na primeira situada na Península Ibérica, ao tempo que constitúe a máis meridional en Europa. Estes observatorios (Gleon sites), son sentinelas ecolóxicas clave para o estudo e preservación dos ecosistemas acuáticos na súa dimensión de provedores de usos e servizos esenciais. Dispoñen de equipos para a medida en alta frecuencia (ou seguimento en continuo), de parámetros indicadores da calidade e o estado das masas de auga.

 

Os datos recollidos a través destes observatorios compártense na comunidade científica, para estudar problemáticas ou materias de interese común (secas, eclosión de cianobacterias, presenza de novas especies químicas, efectos da presión antrópica sobre o medio...), identificar procesos de interese local ou global (asociados ao cambio climático, por exemplo) e desenvolver campañas de estudo simultáneo en todo o mundo sobre problemáticas específicas de interese.

 

O encoro de Cecebre intégrase perfectamente nesta rede, pois conta xa cunha dotación instrumental modélica en España. Ademais dos sistemas de control comúns a calquera presa, dispón de sistemas teleoperados automáticos para controlar o  caudal dos ríos Mero e Barcés (que alimentan ao encoro de Cecebre), para o seguimento da calidade da auga en superficie e profundidade do encoro,  para controlar a entrada nas estacións de potabilización de Cañás e A Telva (mediante sondas multiparamétricas) ou para a observación de parámetros meteorolóxicos relevantes.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.