Skip to main content

Luis Mercado, profesor da PUCV: “Lugo posúe un gran potencial agrario e acuícola”

Luis Mercado, profesor de la PUCV: “Lugo posee un gran potencial agrario y acuícola”
Luis Mercado, profesor de la PUCV: “Lugo posee un gran potencial agrario y acuícola”
O doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor da Pontificia Universidade Católica de Valparaíso en Chile, Luís Mercado, impartiu este luns, na Facultade de Veterinaria do Campus...
Lugo

O doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor da Pontificia Universidade Católica de Valparaíso en Chile, Luís Mercado, impartiu este luns, na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, unha conferencia sobre os peixes teleósteos e que marcadores de resposta inmune estudar nos mesmos. Esta investigación xustifícase en base a que Chile é o maior produtor de troitas no mundo, e o segundo maior produtor de salmónidos, despois de Noruega, superando xa as 700.000 toneladas anuais, o que provocou un incremento de patóxenos e resistencia destes aos antibióticos e outras profilaxis.

 

“Dirixo un grupo de investigación, chamado de Marcadores Moleculares de Resposta Inmune en Organismos Acuáticos, centrado en peixes, pero tamén realizamos traballos interesantes en pectinidos. En canto á inmunidade de peixes, interésanos caracterizar marcadores moleculares de resposta inmune innata. A inmunidade adaptativa en vertebrados inferiores acaba de empezar a estruturarse e, polo tanto, non posúe a eficiencia con que a coñecemos en aves e mamíferos. Por esta razón as vacinas en peixes non foron efectivas, e descoñécese practicamente a inmunidade que subxace tras eses tratamentos. Por esta razón cremos que é necesario reforzar a inmunidade innata que posúen, a cal é máis robusta e probablemente responsable da súa supervivencia, non esquezamos que os peixes son un dos grupos animais de maior diversidade no planeta. Estamos a identificar moléculas, e tratando de levantar aplicacións que nos permitan modular inmunidade robusta en peixes, especialmente en cultivo”, afirma.

 

Luís Mercado realizou a súa tese doutoral no Campus Terra e por iso valora moi positivamente o proceso de especialización ao que se está sometendo o campus. “Sempre pensei que Galicia e Lugo, especialmente, posúen un potencial agrario e acuícola importante, xa coñecín outras iniciativas cando vivín aquí e obviamente converxer nun mesmo lugar intereses diversos, co apoio de especialistas do campus, doutores, liñas de investigación insertas na panorámica europea, etc., todo é beneficioso, e faille destacar con orixinalidade”.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.