Skip to main content

A USC ofrece 60 prazas do “Programa de Titores” no Campus Terra

La USC ofrece 60 plazas del “Programa de Tutores” en el Campus Terra
La USC ofrece 60 plazas del “Programa de Tutores” en el Campus Terra
Todos os alumn@s do Campus Terra que teñan superado un mínimo de 60 créditos poden presentar a súa solicitude, ata o 10 de febreiro, para participar no “Programa de Titores” da Universidade de...
Lugo

Todos os alumn@s do Campus Terra que teñan superado un mínimo de 60 créditos poden presentar a súa solicitude, ata o 10 de febreiro, para participar no “Programa de Titores” da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta edición, o Campus Terra ofrece un total de 60 prazas e, a través das mesmas, os alumnos seleccionados poderán orientar ao alumnado de novo ingreso, así como colaborar na difusión da USC en visitas a centros de ensino medio.

 

Para levar a cabo estas actividades, os alumnos e alumnas do Campus Terra seleccionados recibirán cursos de formación e o primeiro deles terá lugar entre o 6 e o 23 de marzo, de luns a xoves, na Facultade de Dirección e Administración de Empresas. A avaliación positiva de todas estas actividades dará lugar á obtención de 6 créditos ECTS. 

 

Consulta aquí o texto completo da convocatoria. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.