A USC ofrece 60 prazas do “Programa de Titores” no Campus Terra
Todos os alumn@s do Campus Terra que teñan superado un mínimo de 60 créditos poden presentar a súa solicitude, ata o 10 de febreiro, para participar no “Programa de Titores” da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta edición, o Campus Terra ofrece un total de 60 prazas e, a través das mesmas, os alumnos seleccionados poderán orientar ao alumnado de novo ingreso, así como colaborar na difusión da USC en visitas a centros de ensino medio.
Para levar a cabo estas actividades, os alumnos e alumnas do Campus Terra seleccionados recibirán cursos de formación e o primeiro deles terá lugar entre o 6 e o 23 de marzo, de luns a xoves, na Facultade de Dirección e Administración de Empresas. A avaliación positiva de todas estas actividades dará lugar á obtención de 6 créditos ECTS.