Skip to main content

O reitor Juan Viaño define o Campus Terra da USC como un "proxecto integrador" e "modelo recoñecido por autoridades académicas e políticas de varias partes do mundo"

El rector Juan Viaño define el Campus Terra de la USC como un "proyecto integrador" y "modelo reconocido por autoridades académicas y políticas de varias partes del mundo"
El rector Juan Viaño define el Campus Terra de la USC como un "proyecto integrador" y "modelo reconocido por autoridades académicas y políticas de varias partes del mundo"
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, presidiu este venres o acto académico de San Tomé, patrón da Universidade, na Facultade de Veterinaria do Campus Terra,...
Lugo

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, presidiu este venres o acto académico de San Tomé, patrón da Universidade, na Facultade de Veterinaria do Campus Terra, onde, no  discurso ante as distintas autoridades presentes, apuntou a “seriedade e eficacia” da USC como valores a través dos que a institución académica garante o cumprimento da súa obriga de satisfacer as expectativas e ilusións dunha sociedade que a cotío demanda solucións ante os novos retos que afronta no seu desenvolvemento.

 

Logo de dous anos de analizar problemas e procurar solucións para afrontar con garantías a devolución dunha débeda que se aproximaba aos 50 millóns de euros e dun déficit acumulado que chegaba aos 14 millóns, Viaño xustificou as “medidas serias e responsables” tomadas para intentar construír unha universidade máis moderna e adaptada aos novos tempos. No ano 2016 consolidamos cambios importantes nas nosas estruturas básicas, como a reestruturación de departamentos ou a creación das unidades de apoio administrativo aos centros, departamentos e títulos,  que permiten mellorar a eficacia na súa xestión diaria.

 

No campus de Lugo tamén se avanzou neste tempo cara un modelo de gobernanza e de especialización chamado Campus Terra, un proxecto que permite completar o modelo de especialización comezado hai pouco máis dun lustro polo Campus Vida e que agora tamén suma o Campus da Cidadanía. Estamos ante un proxecto integrador onde importan, e moito, as achegas das ciencias, das enxeñarías, das humanidades e das ciencias sociais, sinalou Viaño, quen non reparou en agradecementos a toda a comunidade universitaria pola súa colaboración para avanzar neste proceso.

 

Os datos que temos son claros e certamente positivos en investigación e transferencia de coñecemento en todas as áreas de coñecemento, cunha capacidade de captación de recursos externos para a investigación que se aproximan aos 50 millóns de euros anuais e segue a medrar. O balance inicial do Campus Terra tamén está a ser positivo, xa que se logrou crear un modelo recoñecido no eido internacional e que permite trazar unha folla de ruta clara para a ordenación académica, a actualización e especialización da oferta docente e as estratexias de investigación e transferencia do coñecemento, dixo.

 

Sen caer na complacencia dos bos resultados, unha solvencia que fixo posible incrementar os orzamentos de 2017 nun 1,5%, e convencido de que a USC é o principal motor de coñecemento neste parte do mundo, Viaño apelou tamén a necesidade de seguir a traballar para reforzar este liderado da USC nas vindeiras décadas, un cometido para o que aboga por afondar no coñecemento da contorna social da USC e non perder a propia memoria histórica da institución académica.

 

Lección maxistral

A catedrática do Departamento de Patoloxía Animal da USC Mª Patrocinio Morrondo Pelayo, foi a encargada de ofrecer a lección maxistral da cerimonia académica de San Tomé de Aquino, unha intervención que se desenvolveu baixo o título ‘Achegas da Parasitoloxía á Saúde’.

Morrondo Pelayo presentou a Parasitoloxía como unha rama da ciencia de carácter interdisciplinar que está centrada no estudo dos parasitos, pero que tamén proporciona non poucos coñecementos coñecementos que permiten aos profesionais de Ciencias da Saúde contribuír ao benestar dos animais, cooperar coa conservación de ecosistemas naturais, ademais de participar no desenvolvemento futuro das ciencias biolóxicas.

 

A repercusión económica da Parasitoloxía foi outros dos argumentos salientados por Morrondo Pelayo, que lembrou neste senso que moitas das enfermidades producidas por parasitos teñen repercursións sanitarias ao ser transmisibles ao ser humano. Neste senso, e logo de citar algunhas das patoloxías de orixe parasitaria que inciden ou poden afectar á saúde humana, Morrondo Pelayo falou de hidatidosis humana, toxoplasmosis ou, entre outras, borreliosis e do seu grao de incidencia.

 

Unha vez rematada a intervención da profesora Patrocinio Morrondo Pelayo e logo do discurso do reitor da USC e das distintas intervencións do coro vocal Cantar Delas, o propio Juan Viaño pechou o acto académico. A cerimonia académica conmemorativa da festividade de San Tomé, que tradicionalmente a USC celebra no campus de Lugo citou nesta ocasión no auditorio ‘Enrique A. González García’ da Facultade de Veterinaria unha nutrida representación de decanos e directores de facultades e centros da USC.

 

O acto de San Tomé tamén congregou numerosas autoridades dos ámbitos político, académico, científico, cultural e social, entre os que se atopaban a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Freire, o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a Valedora do Pobo, Milagros Otero; o Valedor da Comunidade Universitaria, Miguel Álcaraz; o presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo; o director da ACSUG, Eduardo López Pereira; o portavoz do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, ademais doutros responsables políticos locais e provinciais, parlamentarios autonómicos, deputados e senadores.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.