Skip to main content

Un proxecto que usa peixe cebra para a análise da toxicidade gaña o IdeaLugo

Un proyecto que usa pez cebra para análisis de toxicidad gana el IdeaLugo
Un proyecto que usa pez cebra para análisis de toxicidad gana el IdeaLugo
O proxecto Zebrananotox resultou vencedor da segunda edición dos premios IdeaLugo á innovación e o emprendemento, que convoca o Grupo El Progreso xunto con Abanca e a USC, para visibilizar o talento...
Lugo

O proxecto Zebrananotox resultou vencedor da segunda edición dos premios IdeaLugo á innovación e o emprendemento, que convoca o Grupo El Progreso xunto con Abanca e a USC, para visibilizar o talento do Campus Terra e axudar a levar á práctica iniciativas impulsadas por emprendedores que teñen algún vínculo coa sede universitaria. A proposta gañadora foi presentada por unha alumna de doutoramento, Carlha Rodmar Gutiérrez Lovera, que pretende crear unha spin off para realizar ensaios de toxicidade de nanotoxinas nun modelo de peixe cebra. O proxecto levará os 3.000 euros cos que está dotado o galardón.

 

Ademais, o xurado do Premio IdeaLugo decidiu outorgar dous accésits, de 1.000 euros cada un, para o proxecto Recovery Blood: Sistema de revalorización de sangue, presentado por Hiram Varela Rodríguez, e para Coeduc@.consultoría de educación, liderado por María do Pilar Porral Igrexas.

 

O xurado estivo composto por Walter Álvarez, director territorial de Abanca; Carme Silva, vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus Terra, e Branca de Cora García-Montenegro, adxunta á presidenta do Progreso. Esta última explicou que os criterios principais para elixir a candidatura gañadora foron a viabilidade do traballo e o emprendemento de persoas vinculadas ao Campus Terra.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.