Skip to main content

Alejandra González: “Vivir nun país estranxeiro pode compararse a moi poucas cousas”

Alejandra González: “Vivir en un país extranjero puede compararse a muy pocas cosas”
Alejandra González: “Vivir en un país extranjero puede compararse a muy pocas cosas”
O estudantado do Campus Terra está convidado a participar nunha nova edición do ‘International Day’, unha xornada na que estudantes estranxeiros que cursan estudos actualmente na USC poderán amosar...
Lugo

O estudantado do Campus Terra está convidado a participar nunha nova edición do ‘International Day’, unha xornada na que estudantes estranxeiros que cursan estudos actualmente na USC poderán amosar aqueles aspectos que axudan a coñecer e comprender as particularidades dos seus países de orixe: a gastronomía, a vida estudantil, as tradicións culturais, a xeografía ou o estilo de vida. A xornada realizarase o vindeiro día 17 de novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria e pretende animar ao estudantado do Campus Terra a participar nos programas de mobilidade que se lle ofertan dende a USC. Este é o caso de Alejandra, unha desas estudantes valorosas que se atreveron a facer a maleta para completar a súa formación alén das nosas fronteiras.

 

Campus Terra (C.T.): Por que decidiches cursar parte dos teus estudos fóra da USC?

Alejandra González (A.G.): Dende a primeira vez que marchei, aos 18 anos, aprendín que ese “chute” de adrenalina que dá vivir nun país estranxeiro pode compararse a moi poucas cousas. A aprendizaxe, o saír da zona de confort e a xente coa que te xuntas fanche volver á casa sendo unha persoa nova que nada máis regresar xa está a pensar en volver a marchar.

 

C.T.: De que modo esta experiencia contribuíu a mellorar a túa inserción profesional?

A.G.: A mobilidade de estudos que fixen en Alemaña axudoume moito en temas de debate en clase, investigación... cousas máis académicas. As prácticas en Dublín revolucionáronme máis, é diferente: enfróntaste a algo novo, a un traballo en outro país, a novas metas e novos xeitos de enfrontarte con diversas situacións ti soa. En ambas as dúas, a experiencia foi moi enriquecedora e inesquecible, extremadamente divertida.

 

C.T.: Por que recomendarías a mobilidade aos actuais estudantes do Campus?

A.G.: Recomendar marchar a outro país ten as súas obvias razóns... Pero aproveitar a mobilidade que ofrece a universidade é algo que só se pode facer nos anos de estudante. Esas axudas e facilidades non se volver atopar. Eu creo firmemente que sendo novo e nos anos da carreira pódese extraer moito más da situación de inmersión no estranxeiro.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.