A Asociación Española Contra o Cancro ofrece a posibilidade de realizar tarefas de voluntariado en programas de acompañamento de pacientes oncolóxicos, dinamización de campañas de prevención ou iniciativas de captación de recursos para o desenvolvemento de proxectos de investigación.
Programa de apoio e acompañamento "Carriño Don Amable"
Cun carriño cargado entre outras cousas de café, zumes e auga, o obxectivo principal deste programa é o acompañamento e desfogo emocional tanto de pacientes como de familiares nas salas de espera e tratamento de Oncoloxía, Hematoloxía e Radioterapia.
- Horario: de xoves e venres, de 10:00 a 13:00 h.
- Prazas: s/n.
Campañas de prevención
Campañas de prevención (mama, colon, melanoma, investigación etc.) que estarán suxeitas á situación sanitaria existente nese momento e sempre proporcionando as medidas de seguridade necesarias as persoas voluntarias.
- Horario: dependendo de cada campaña.
- Prazas: s/n.
Obtención de recursos
Actividades dirixidas a recadar fondos para destinar a proxectos de investigación a través da venta de lotería en mesas puntuais destinadas a tal fin. Esta actividade estará suxeita tamén á situación sanitaria existente nese momento.
- Horario: dependendo da actividade (non máis de tres horas un único día)
- Prazas: s/n.
Rutas saudables
Se es consciente da importancia que ten manter hábitos de vida saudables non dubides en involucrarte no programa de prevención "Rutas saudables". Poderás dinamizar caminatas periódicas para incrementar o nivel de actividade física na poboación xeral.
- Horario: depende do departamento de prevención. 2 horas mensuais (1 hora por ruta de xeito quincenal), de mañá ou de tarde.
- Prazas: s/n
Puntos de encontro
Se che gusta falar en público animámoste a dinamizar os seus Puntos de Encontro contra o cancro, dirixidos a crear espazos de comunicación na comunidade nos que se transmite e comparte comunicación.
- Horario: sen concretar. Variable, de mañá ou de tarde.
- Prazas: s/n
Voluntariado de información (Embaixadores)
Facilitar información sobre os servizos de AECC no día a día e en campañas ou eventos da entidade.
- Horario: pendente datas dos eventos
- Prazas: s/n