Voluntariado de inclusión social na Cruz Vermella.
A Cruz Vermella de Compostela ofrece a posibilidade de realizar labores en réxime de voluntariado en programas de busca de emprego, actuacións de emerxencia social e apoio a persoas sen teito.
Emprego
- Busca e selección de ofertas de emprego, realización de curriculum vitae, preparación de entrevistas de traballo etc. Necesario o manexo de PC, internet e redes sociais.
- Obradoiros sobre competencias persoais e busca de emprego con diferentes colectivos.
- Horario: de luns a venres, preferiblemente polas mañás.
- Prazas: 8
SEMUS: Servizo de Emerxencia Social
Repartición e acompañamento ás usuarias/os na rúa (café, comida, conversa etc.)
- Horario: luns, mércores e venres, de 19:30 a 22:30 h.
- Prazas: 5
Sen Teito
Acompañamento a xestións, tramitación de documentación, así como intervención directa con persoas sen fogar (dispoñibilidade de mañás e con carné de conducir).
- Horario: luns a venres pola mañá, segundo a demanda.
- Prazas: 3