Skip to main content

Curso de análise sensorial de alimentos na Aula de Produtos Lácteos

22/09/2022 - 9.30 horas

As técnicas da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC Rebeca Carballo e Paz Fernández Albalat imparten este acción do Programa de Formación do Campus Terra aberta á comunidade universitaria e tamén a empresas

Plan de formación de Campus Terra 2022
Plan de formación de Campus Terra 2022

Un curso de análise sensorial de alimentos reactiva este xoves,  a partir das 9.30 horas, nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus de Lugo da USC, o plan formativo do Campus Terra, un ambicioso programa que busca ampliar as competencias do seu alumnado e PDI, así como do tecido empresarial e dos axentes produtivos a través de cursos de temáticas específicas que se desenvolverán ata finais de novembro. As prazas ofertadas en cada un dos módulos específicos programados son limitadas e a inscrición xa está aberta en liña.

O curso de análise sensorial de alimentos, unha proposta aberta á participación de estudantes, investigadores e empresas do sector, estará impartido por Rebeca Carballo e Paz Fernández Alabat. Os obxectivos deste programa pasan por afondar sobre conceptos básicos da análise sensorial relacionados coa fisioloxía e a percepción, así como respecto da súa metodoloxía.

 

Oferta formativa específica do Campus Terra da USC
Oferta formativa específica do Campus Terra da USC
The contents of this page were updated on 09.22.2022.