As técnicas da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC Rebeca Carballo e Paz Fernández Albalat imparten este acción do Programa de Formación do Campus Terra aberta á comunidade universitaria e tamén a empresas

Un curso de análise sensorial de alimentos reactiva este xoves, a partir das 9.30 horas, nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus de Lugo da USC, o plan formativo do Campus Terra, un ambicioso programa que busca ampliar as competencias do seu alumnado e PDI, así como do tecido empresarial e dos axentes produtivos a través de cursos de temáticas específicas que se desenvolverán ata finais de novembro. As prazas ofertadas en cada un dos módulos específicos programados son limitadas e a inscrición xa está aberta en liña.
O curso de análise sensorial de alimentos, unha proposta aberta á participación de estudantes, investigadores e empresas do sector, estará impartido por Rebeca Carballo e Paz Fernández Alabat. Os obxectivos deste programa pasan por afondar sobre conceptos básicos da análise sensorial relacionados coa fisioloxía e a percepción, así como respecto da súa metodoloxía.
