Skip to main content
  • Research

Concurso EDPR UNIVERSITY CHALLENGE 2023

De esquerda á dereita: Rigo Alberto, Lina, Louise, Julen
Foto dos/as Finalistas
Dous proxectos realizados por estudantes do Mestrado en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable chegan á final do prestixioso concurso EDPR UNIVERSITY CHALLENGE 2023.

Dous proxectos realizados por estudantes do MERYCSE chegan á final do prestixioso concurso EDPR UNIVERSITY CHALLENGE 2023. 

Os traballos titulados Aplicación da Economía Circular na reutilización de pas eólicas para o desenvolvemento sostible das comunidades rurais (Louise Martínez e Lina Meyer) e Green Hydrogen Off Grid Production Plant In Galicia - Spain : Design and Value Chain Improvements (Julen Plazaola e Rigo Alberto Barrios) chegaron á fase final. 

Ambos traballos quedaron entre os 10 primeiros proxectos presentados nesta convocatoria e foron brillantemente defendidos polos seus autores. 

É unha realidade que os/as estudantes do MERYCSE están a converterse nuns/nunhas fixos/as neste tipo de eventos como mostra do seu esforzo e o dos/das seus/súas titores/as.

The contents of this page were updated on 10.30.2023.