Skip to main content

Xornada literaria coa poeta Jèssica Ferrer e o grupo "Ses Honorables Virtuts Il·lògiques"

No marco das materias de catalán da Facultade e do CLM, a Área de Filoloxía Catalá organiza unha xornada literaria o día 13 de abril para toda a facultade. Agardámosvos!

Conversa coa poeta Jèssica Ferrer (12-14 h, aula B06): A partir do seu novo poemario Fissures (2023), Jèssica Ferrer, tradutora de Lois Pereiro ao catalán e profesora no Brasil entre 2017 e 2020, falaranos da súa poesía e algúns dos referentes novos do panorama literario catalán. Percorreremos lecturas e rúas catalás, galegas e brasileiras nun itinerario circular e desde unha perspectiva poética emerxente que vén dos campos de Ibiza. (Actividade en catalán)

Espectáculo e coloquio (17.30-19.30, Salón de Actos): O grupo "Ses Honorables Virtuts Il·lògiques" preséntanos un espectáculo performativo-literario-sonoro, un percorrido por diferentes atmósferas construídas a partir de textos recitados propios, presenza escénica, un chisco de humor e surrealismo, obxectos, e instrumentos convencionais e non convencionais. Remataremos cun coloquio cos artistas.

Contacto:  Arnau Vives: arnau.vives [at] usc.gal (arnau[dot]vives[at]usc[dot]gal), Dolors Perarnau: dolors.perarnau [at] usc.gal (dolors[dot]perarnau[at]usc[dot]gal)

The contents of this page were updated on 05.21.2024.