Skip to main content
  • USC Life

A Orquestra e o Coro da USC seleccionan instrumentistas e voces para o novo curso

Orquestra e Coro da Universidade
Orquestra e Coro da Universidade
A convocatoria diríxese a intérpretes de violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trombón, trombón baixo, tuba, percusión, piano, cravo e arpa, e de sopranos, contraltos, tenores e baixos
Santiago de Compostela

A Orquestra e o Coro da Universidade de Santiago de Compostela abren o prazo de inscrición para a admisión de novas e novos instrumentistas e de novas voces para o curso 2024/25.

No caso da Orquestra da USC búscanse intérpretes de violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trombón, trombón baixo, tuba, percusión, piano, cravo e arpa. Poden participar na selección todos aqueles membros da comunidade universitaria da USC que toquen un instrumento dos anteriormente mencionados, estudantado de música e calquera persoa que toque un instrumento. A selección entre as persoas aspirantes realizarase a través do envío dun vídeo (por WeTransfer, YouTube, Dropbox, etc.) a orquestra.universidade [at] usc.es (orquestra[dot]universidade[at]usc[dot]es) indicando o nome e apelidos da persoa solicitante. A data límite de envío de vídeos será o 22 de setembro de 2024, ata as 23:59 horas. Ademais, haberá que cubrir un formulario de solicitude antes das 23:59 horas do 22 de setembro de 2024. Os detalles e bases da convocatoria de admisión na Orquestra están nesta ligazón.

No caso do Coro da USC búscanse sopranos, contraltos, teñores e baixos. Poden participar na selección os membros da ​Comunidade universitaria da USC (estudantado, profesorado e PAS), integrantes doutros coros e agrupacións vocais, estudantado de conservatorios e instrumentistas de todo tipo e estilo, cantantes de calquera estilo musical: tradicional, jazz, pop, teatro musical, etc, actores e actrices, docentes e profesionais da voz, cantantes de formación lírica, e afeccionado/as á música e amantes do canto en xeral. A selección entre as persoas aspirantes realizarase mediante unha proba presencial o martes 24 de setembro de 2024 ás 19h na Facultade de Ciencias da Comunicación onde deberán realizar unha breve interpretación a libre elección de repertorio a capella ou sen acompañamento aportado pola OCUSC (cada candidato pode dispoñer dos recursos propios que precise ou crea convintes para este fin); así mesmo, terán que participar nun pequeno exercicio vocal coa finalidade de coñecer mellor o rexistro vocal. A persoa solicitante previamente deberá inscribirse a través do formulario de solicitude antes das 23:59 horas do 22 de setembro de 2024. Os detalles e as bases da convocatoria de admisión no Coro están nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 08.28.2024.