Skip to main content
Unha nova edición, a vintedúas, desta cita anual organizada desde o Espazo de Danza da USC, na que se presentan as producións de danza de diferentes compañías de danza universitarias convidadas.
Imaxe do cartel

O Encontro de Danza concíbese como un espazo de residencia e de traballo para os artistas participantes.

Un dos obxectivos importantes nestas xornadas de danza é o de achegar a danza universitaria á nosa cidade, saíndo ao encontro do espectador e favorecendo actividades comúns a este colectivo artístico.

As actuacións correrán a cargo de Universidades galegas, coa especial participación da compañía da USC.

Nesta ocasión, as compañías convidadas, que acompañarán á compañía de danza da USC, proceden da Aula de danza da Universidade da Coruña e da Compañía da Universidade de Vigo (Campus Ourense).

As representacións son no Teatro Principal os días 15 e 16 de abril de 2024, ás 20:30 horas, e na Caixa Negra do MIHL os días 25 e 26 de abril de 2024, ás 20.30 horas.

The contents of this page were updated on 10.21.2024.