Skip to main content

Faíscas Culturais

Emocións, ciencia e creatividade no mundo dixital

11.27.2024 | 18.00h-19.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais. 

O 27 de novembro, ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, a actividade será unha mesa redonda na que Pilar del Puerto, unha das artistas da exposición, Germán Sierra, profesor de Neurociencia da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, Xavier de Donato, profesor de Filosofía da USC, e Aránzazu Pérez, co-comisaria da exposición, reflexionarán sobre os condicionantes dos medios dixitais no ámbito creativo.

A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
The contents of this page were updated on 11.08.2024.