A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais.
O 28 de novembro, ás 13.00 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, Germán Sierra, profesor de Neurociencia da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, acompañará o estudantado da materia Neuroquímica do máster en Neurociencia nunha visita guiada co comisariado da exposición para discutir o impacto dos medios dixitais nas emocións humanas.
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.