Skip to main content

Proxección dos filmes 'Río de Sombras' e 'La tragedia de Xirobio'

11.27.2024 | 19.30h

Lugo
Salón de Actos da Casa do Saber

Filme Río de sombras
Filme Río de sombras

O Club Cultural Valle-Inclán proxectará os filmes 'Río de sombras' de Daniel Domínguez (España, 1986, 21 mn), baseado nun conto de José Luis Méndez Ferrín e 'La tragedio de Xirobio' de José Signo (España, 1930, 44 mn) de José Signo, unha adaptación libre dunha das narracións do libro 'Cousas' de Alfonso R. Castelao, o mércores 27 de novembro, ás 19.30 h, no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo.

Estas proxeccións están incluídas dentro da programación do Outono Cultural e realízanse coa axuda da Xunta de Galicia, en colaboración coa Filmoteca de Galicia. A entrada é libre e de balde para socios do Club Cultural Valle-Inclán e para a comunidade universitaria.

Filme La tragedia de Xirobio
Filme La tragedia de Xirobio
The contents of this page were updated on 11.19.2024.