Skip to main content

III MilongUSC

05.14.2025 | 20.00h

Santiago de Compostela
Comedor (entrada polo xardín)

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O 14 de maio, ás 20.00 horas, celébrase o III MilongUSC no comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín), unha actividade incluída dentro da programación da Primavera Cultural, con entrada libre.

A terceira edición do MilongUSC, organizado polo Espazo de Danza da USC, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera, contará coa participación do alumnado do curso de Danza-tango 24/25 da USC que, baixo a ensinanza do profesor Ezequiel Merlo, amosará o aprendido neste curso. O obxectivo do MilongUSC é dar a coñecer o tango e as milongas como ferramenta para conectarse e coñecerse máis e millor.

A milonga é un espazo onde as persoas amantes do tango e da milonga se reúnen para bailar e socializar, para compartir experiencias nun lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile. 

The contents of this page were updated on 05.09.2025.