Esta edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión arredor da domus do Mitreo, desde como se integraba na paisaxe urbana, cales eran os fundamentos antropolóxicos da alimentación, como evolucionaron os coidados na época romana...

O 2 de abril ás 17.00 horas haberá unha charla da profesora 'Alba Díaz Geada na Casa do Saber do campus de Lugo sobre 'A escola da Domus' á que asistirá o estudantado da Facultade de Formación do Profesorado. A entrada está aberta para toda a comunidade universitaria. Ademais, o estudantado participante na faísca poderá realizar unha visita guiada con Celso Rodríguez Cao á Domus do Mitreo.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
