Skip to main content

Circular de información

Comisión G1 (Sistemas de Estrelas Binarias e Múltiples) da Unión Astronómica Internacional (IAU)

A Circular de Información é o vehículo natural de transmisión de novas entre os membros de Comisión de Sistemas de Estrelas Binarias e Múltiples da IAU, ainda que tamén a reciben outros investigadores, centros astronómicos e observatorios.

O seu orixe data do ano 1954, cando Paul Muller, do Observatorio de Strasburgo, fixo a proposta e iniciou o camiño. Muller editou a Circular ata o número 90 (xuño 1983), cando Paul Couteau do Observatorio de Niza tomou o relevo.

En 1993, Couteau chegou a idade de xubilación, e no número 120 da Circular comenta que lle pasa a responsabilidade da mesma a J.A.Docobo (Observatorio Astronómico R.M.Aller, Universidade de Santiago de Compostela).

Dende entón, J.A.Docobo e J.F.Ling encargáronse da súa edición e distribución, habéndolle engadido os contidos habituáis (novas órbitas, observacións, notas, información xeral, anuncios, etc...) unha recopilación bibliográfica dos artigos escritos sobre estrelas dobres e múltiples na primeira Circular do ano.

A partir da Circular Non. 211 (Outubro 2023), o Profesor Docobo é editor único.

A Circular edítase cuatrimestralmente o día 15 dos meses de febreiro, xuño e outubro, e na actualidade envíase tamén por correo electrónico.

As versións digitalizadas das circulares 1 a 120 son cortesía do US Naval Observatory (USNO). 

The contents of this page were updated on 05.12.2025.