10.01.2025 | 21.00h
As entradas, un máximo de dúas por persoa, pódense recoller de balde o mesmo día do concerto a partir das 20.30 horas

Hugo Guezeta, un dos maiores representantes do rap en Galicia abrirá o Outono Cultural 2025 cun concerto que está enmarcado dentro de 'Mover os marcos'.
O concerto está programado para o mércores 1 de outubro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade. As entradas poderanse recoller de balde o día do concerto a partir das 20.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso ao concerto farase a partir das 20.50 horas.
