Skip to main content

Concerto de Carla Marrero

10.27.2025 | 20.15h

Lugo
Casa do Saber

O ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ comeza este curso coa actuación de Carla Marrero

Carla Marrero
Carla Marrero

A violinista Carla Marrero dará un concerto o luns 27 de outubro ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, enmarcado na programación do Outono Cultural e co que comeza o ciclo 'Músicas a carón da Mosqueira' deste curso. A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

The contents of this page were updated on 09.26.2025.