12.01.2025 | 20.15h
No ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ actuará Jouska String Quartet

Jouska String Quartet, composto por Marija Strapcāne e Sofía Fasla-Prolat, violíns, Marina Prat Mir, viola, e Kiril Fasla-Prolat, violonchelo, dará un concerto o luns 1 de decembro ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, enmarcado na programación do Outono Cultural. A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.