Skip to main content

Calidade

Calidade

Aprobado pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental na súa reunión do 28 de maio de 2018 e revisado o 25 de marzo de 2019

Artigo 1. Composición da Comisión

A Comisión estará composta polo/a Coordinador/a do Programa, que a presidirá, e por 6 profesoras/es doutores do programa que teñan vinculación permanente coa universidade e dedicación a tempo completo, en posesión de polo menos un período de actividade investigadora recoñecida de acordo ao Real decreto 1086/1989, de 28 de agosto, sobre retribucións do profesorado universitario, ou mérito equivalente para o profesorado contratado. Un/a dos/as profesores/as actuará como secretario/a da comisión.

Artigo 2. Elección dos membros da Comisión

O profesorado será proposto por acordo da Comisión académica do programa de doutoramento entre as/os profesoras/es do programa; procurarase a participación das distintas liñas de investigación implicadas. O/A Presidente/a, en adiante Coordinador/a, do programa será proposto/a por iniciativa da Comisión Académica do Programa de Doutoramento. O/a coordinador/a proporá un/unha secretario/a entre os membros da comisión académica do programa de doutoramento, que será nomeado polo/a reitor/a.

Artigo 3. Ceses, novos nomeamentos, e renovación

Os membros da Comisión cesarán ben a petición propia, ou ben no momento en que deixen de ter relación co programa. Os novos membros, tras ser elixidos como se indica no Artigo 2, serán nomeados polo/a Reitor/a da USC. Os membros da Comisión renovaranse, con carácter xeral, cada 4 anos, podendo continuar ata un período superior procurando non superar os oito anos.

Artigo 4. Funcións

A Comisión do Programa será a encargada de velar polo correcto desenvolvemento do Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental. De forma específica sería a encargada de:

1. Deseñar, organizar, coordinar e propor á escola de doutoramento o conxunto de actividades que conforman o programa, incluíndo liñas de investigación, actividades formativas, relación de persoal investigador que asumirá a titoría e a dirección de teses de doutoramento, criterios de admisión e selección do estudantado e toda canta información sexa requirida pola Universidade en cumprimento da normativa vixente.

2. Manter actualizada a información referente ao programa de doutoramento e transmitila á escola de doutoramento e ao CIEDUS nos prazos e procedemento establecidos.

3. Realizar o proceso de valoración de méritos e admisión do estudantado no programa de doutoramento, mediante a aplicación dos criterios e dos procedementos de selección establecidos na memoria de verificación, que serán públicos.

4. Asignarlle un/unha titor/a ao estudante admitido/a no programa de doutoramento e un/unha director/a.

5. Acceder ao cambio de designación do/da titor/a e/ou do/da directora/a, e autorizar a codirección da tese se concorren razóns de índole académica que o xustifiquen, sen prexuízo do disposto no artigo 10 do regulamento publicado no DOG 28/07/2017.

6. Establecer, se procede, os complementos específicos de formación que o estudantado debe cursar para ser admitido no programa de doutoramento.

7. Establecer, se procede, os requisitos de formación transversal e de formación específica no ámbito do programa que o estudantado debe cursar tras ser admitido no programa de doutoramento.

8. Realizar anualmente a avaliación do documento de actividades e do desenvolvemento do plan de investigación de cada doutorando/a, tendo en conta os informes que para tal efecto deberán emitir o/a titor/a e o/a director/a.

9. Autorizar as estadías e as actividades en institucións de ensinanza superior ou centros de investigación de prestixio, incluídas as necesarias para a obtención da mención internacional no título de doutor. Estas estadías e actividades deberán contar cun informe previo e ser avaladas polo/a director/a e o/a titor/a.

10. Emitir Informe sobre a realización de estudos de doutoramento a tempo parcial no seu programa, cando proceda.

11. Emitir informe, de ser o caso, sobre as prórrogas na duración dos estudos de doutoramento e a concesión de baixas temporais, segundo o disposto no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e nos artigos 26 e 27 do regulamento publicado no DOG 28/07/2018.

12. Facer as propostas de modificación e/ou suspensión/extinción do programa, que serán remitidas ao órgano responsable na Universidade para súa valoración.

13. Aprobar os requisitos de calidade específicos das teses do programa de doutoramento.

14. Emitir o informe de autorización de inicio de trámite para a presentación e exposición pública da tese de doutoramento.

15. Elaborar a memoria para a verificación e/ou modificación do programa de doutoramento segundo a normativa vixente.

16. Aplicar os criterios de calidade específicos do profesorado para pertencer ao programa de doutoramento, así como as condicións que determinen a súa revogación como profesor/a do programa.

17. Calquera outra función que lle encomende o órgano responsable dos estudos de doutoramento na Universidade ou se lle asigne en cumprimento do presente regulamento e demais disposicións legais vixentes.

Artigo 5. Convocatoria

a) A/O secretaria/o da comisión do programa deberá realizar a convocatoria cun mínimo de dous días de antelación.

b) Enviará por correo electrónico os puntos da orde do día da convocatoria ao Persoal de Apoio do Programa, xunto coa documentación que puidera estar relacionada con eles (se non é posible por correo electrónico en papel), para que esta remita a convocatoria e documentación a todos os membros do órgano.

c) O Persoal de Apoio do Programa, encargarase de arquivar electrónicamente na carpeta aberta ao efecto as convocatorias da comisión, xunto coa documentación de habela. A custodia das mesmas corresponderá a quen realice as función de secretario‐a da comisión.

Artigo 6. Reunións

A Comisión constitúese validamente en primeira convocatoria coa asistencia do/a Coordinador/a e secretario/a do programa e da metade dos membros restantes, ou en segunda convocatoria, que se celebrará 30 min despois, debendo asistir o 25% dos seus compoñentes.

Artigo 7. Adopción de acordos

Os acordos poderanse adoptar por asentimento ou mediante votación. En casos xustificados, e a petición dun dos membros da Comisión, a votación poderá ser de forma secreta; neste caso a sesión deberá ser presencial. Non se admitirá a delegación de voto nin o voto anticipado dos membros do órgano. Para ser válida a adopción de acordos, deberase acadar cando menos a metade máis un dos votos dos membros presentes. Nas votacións na que se produza empate, o/a coordinador/a poderá exercer o voto de calidade ou aprazar o tema que se trate.

Artigo 8. Actas

a) Unha vez celebradas as reunións o/a Secretaria/a da comisión do programa de doutoramento elaborará a acta do tratado na reunión. Esta acta acompañada dos anexos, se os houbera, se remitirán por correo electrónico ao Responsable da Unidade de Apoio do programa.

b) As actas asinadas polo secretario ou secretaria, co visto e prace do presidente ou presidenta, serán enviadas mediante correo electrónico aos membros do órgano colexiado para a súa aprobación na seguinte sesión.

c) O Persoal de Apoio do programa arquivará electrónicamente nunha carpeta específica todas as actas e documentación e publicaranse na web do programa.

Artigo 9. Procedemento de urxencia

Os temas urxentes someteranse á opinión dos membros da Comisión vía correo electrónico. A solicitudes incluirán un prazo máximo de resposta. Os membros da Comisión deberán contestar á dirección de correo especificada indicando expresamente a aprobación ou rexeitamento das propostas. As propostas consideraranse aprobadas no caso de non existir ningunha resposta de rexeitamento dentro do prazo da consulta. Os acordos adoptados por este procedemento serán informados na seguinte reunión da Comisión do Programa de Doutoramento. Procedemento que entrará en aplicación cando se aprobe dito regulamento na EDI.

Criterios de Calidade do Programa de Doutoramento de Enxeñaría Química e Ambiental

(Aprobado pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento do 08-04-2021)

 

Co ánimo de mellorar tanto a formación na investigación das/os doutorandas/os así como a calidade das teses de doutoramento compre definir uns criterios de calidade mínimos das teses relativos a produtividade científica das mesmas e as actividades formativas transversais dos/as doutorandos/as.

 

1.-Produción Científica derivada das Teses

1.1.- Tese monográfica (o monográfica con reprodución parcial dunha o máis publicacións derivadas da investigación)

  • ter dúas (2) publicacións coa aceptación definitiva (ou aceptada, con Digital Object Identifier (DOI)) en revistas de impacto incluídas no Journal Citation Reports, JCR. Polo menos unha das publicacións deberá estar no primeiro ou segundo cuartil da súa categoría.
  • ter unha patente/marca de garantía/invención industrial/deseño industrial aprobada pola OEPM (Oficina Española de Patentes y Marcas).

En todo caso, a contribución do/a doutorando/a na aportación debe ser substancial e deberá reflexar claramente a adscrición do doutorando/a á USC. O seu contido deberá axustarse ó proxecto de teses recollido no plan de investigación do/a doutorando/a. A data de aceptación da/s aportación/s deberá estar comprendida dentro do período no que ó alumno estea matriculado nos estudos de doutoramento.

1.2.- Tese por compendio de publicacións de investigación

Rexerán os criterios específicos para este tipo de teses indicados no regulamento de estudos de doutoramento da USC.

 

2.- Actividades formativas 

  • Levar a cabo un mínimo de 25 h (1 ECTS) de cursos da oferta de Cursos de formación específicos da área de Ciencias e Enxeñería.
  • Haber realizado un mínimo de 50 h (2 ECTS) do conxunto da oferta de cursos de formación transversal.
  • Haber desenvolvido actividades formativas das recoñecidas polo programa, distintas das obrigatorias para a modalidade de tese presentada e aos criterios mínimos fixados pola CAPD no cuanto á difusión de resultados (dúas publicacións e/o unha patente), que sumen conxuntamente 100 h (4 ECTS)

Información máis detallada relativa aos distintos cursos (específicos e transversais) encontrarase na nova memoria de verificación do programa e na páxina web do programa.

 

3.- Presentación e defensa da investigación desenvolvida

Ter o informe favorable da actividade formativa obrigatoria de seguimento, Presentación e defensa da investigación desenvolvida, 25 horas (1 ECTS).

Información máis detallada relativa a esta actividade formativa encontrarase na nova memoria de verificación do programa e na páxina web do programa.

 

4.- Avaliación Anual

Dispor dunha avaliación positiva na última Avaliación Anual.

 

Disposición Adicional

Estes requisitos non teñen ningún efecto nos criterios ou condicións que cada Director/a de Tese de Doutoramento aplique para realizar o seu informe preceptivo de aprobación da Tese.

Excepcionalmente, no caso de que o/a estudante non cumpra cos requisitos establecidos nos Criterios de Calidade propios do programa de doutoramento, previamente á solicitude de defensa da tese de doutoramento, deberá entregar documentación xustificativa do motivo. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento levará a cabo unha avaliación individualizada das actividades do doutorando/a e poderá autorizar a defensa da tese si existen motivos academicamente xustificados, a CAPD fará constar xustificadamente a súa conformidade.

Disposición transitoria primeira

A presente disposición transitoria terá aplicación para aqueles/as estudantes que formalizaran a súa primeira matrícula en cursos anteriores ao 2019-20.

Para a defensa da tese de doutoramento, estes estudantes deberán cumprir os requisitos incluídos no Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela (D.O.G. do 08/09/2020). En relación aos Criterios de Calidade específicos do Programa de Doutoramento de Enxeñaría Química e Ambiental, deberán cumprir os aprobados na reunión do Consello de Departamento do 23/07/2012 e modificadas na reunión do 09/07/2015 e pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento do 14/03/2018 e do 28/06/2019.

Disposición transitoria segunda

A disposición transitoria segunda terá aplicación para aqueles/as estudantes que formalizaran a súa primeira matrícula no curso 2019-20 e posteriores ata a aprobación da modificación da memoria do programa de doutoramento.

Para a defensa da tese de doutoramento, estes estudantes deberán cumprir os requisitos incluídos no Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela (D.O.G. do 08/09/2020).

Adicionalmente, e en relación aos Criterios de Calidade do Programa de Doutoramento de Enxeñaría Química e Ambiental, débense cumprir os criterios aprobados pola Comisión Académica do Programa de doutoramento na reunión do 08/04/2021.

Disposición Final única

Os presentes criterios de calidade entrarán en vigor ó día seguinte a súa aprobación pola CAPD do programa de doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental

Doctoral student internal surveys (Spanish version)

Annual monitoring reports (Spanish version)

Institutional Quality Assurance System (SGC)

Welcome day for first year students

Welcome day for new students entering the PhD Program in Chemical and Environmental Engineering. The Coordination of the PD at the beginning of the academic year and after the allocation of the tutors will give a first reception day, on this day will be presented:

The steps that students must take into account in their stage as doctoral students: PD regulation at USC, procedures that will be carried out during the doctorate, etc.
The facilities will inform new doctoral students about access to computer and bibliographic tools available at ETSE and USC. Special emphasis will be placed on disseminating the measures contained in the Department's Safety Protocol (OSHA18001). You can access this protocol at (only spanish version:

The contents of this page were updated on 04.04.2024.