Pasar al contenido principal

ADE acolle a presentación do programa ‘Móvete aquí con ABANCA’

ADE acolle a presentación do programa ‘Móvete aquí con ABANCA’
ADE acolle a presentación do programa ‘Móvete aquí con ABANCA’
O programa ‘Móvete aquí con ABANCA’ , iniciativa integral para titulados/as que acaban de rematar a súa formación universitaria e que queiran desenvolver unha carreira profesional no sector...
Lugo

O programa ‘Móvete aquí con ABANCA’ , iniciativa integral para titulados/as que acaban de rematar a súa formación universitaria e que queiran desenvolver unha carreira profesional no sector financeiro e, nomeadamente, nas oficinas de ABANCA en Lugo, será presentado este xoves 14 de febreiro ás 16.30h na Aula Magna da Facultade de  Administración e Dirección de Empresas da USC no Campus Terra.

 

Dirixida a estudantes e titulados/as do grao en Administración e Dirección de Empresa, así como dos graos en Relacións Laborais e Recursos Humanos, e Dereito, esta xornada, onde se dará a coñecer a oferta laboral de ABANCA, é gratuíta e non precisa de inscrición previa.

 

Pilar Alves, Directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, abrirá a quenda de intervencións co relatorio ‘ABANCA 365 días Socialmente Responsables’. A continuación, Javier Soto, Director Territorial de ABANCA en Lugo, presentará o programa de talento ‘Móvete aquí con ABANCA’. Finalmente, Enrique Castro, Director de Inversións de ABANCA, dirixirá un taller práctico sobre mercados financeiros.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.