Pasar al contenido principal

Antonio Rodríguez Colmenero, premio Pedra Alta 2018 do Museo da Limia

Antonio Rodríguez Colmenero, premio Pedra Alta 2018 do Museo da Limia
Antonio Rodríguez Colmenero, premio Pedra Alta 2018 do Museo da Limia
Os membros do consello asesor do Museo da Limia veñen de outorgar na súa reunión do pasado 29 de setembro o premio Pedra Alta 2018, ao profesor ad honorem da USC na Facultade de Humanidades do Campus...
Lugo

Os membros do consello asesor do Museo da Limia veñen de outorgar na súa reunión do pasado 29 de setembro o premio Pedra Alta 2018, ao profesor ad honorem da USC na Facultade de Humanidades do Campus Terra Antonio Rodríguez Colmenero, en recoñecemento á súa longa traxectoria intelectual, investigadora e divulgativa.

 

Os membros do xurado subliñaron que nos seus traballos de investigación teñen "papel protagonista as terras que rega o río Limia, integrando un amplo territorio que vai desde a patria pequena do autor nas abas do monte Larouco até as irmáns portuguesas, con parada moi especial no lugar de Porto Quintela".

 

Antonio Rodríguez Colmenero, que se mostrou moi agradecido por este galardón, recollerá o premio o vindeiro 24 de novembro no marco dunha cerimonia que se celebrará na sede do Museo da Limia, en Vilar de Santos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.