As ‘Camiñadas da EPSE’ chegarán a Allariz o vindeiro 29 de setembro
O ‘Roteiro de outono’ organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da EPS de Enxeñaría prepara para o vindeiro 29 de setembro unha viaxe a Allariz e a súa contorna coa intención de coñecer...
Lugo
O ‘Roteiro de outono’ organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da EPS de Enxeñaría prepara para o vindeiro 29 de setembro unha viaxe a Allariz e a súa contorna coa intención de coñecer de primeira man algúns dos proxectos de desenvolvemento rural que alí se desenvolven, así como os labores de restauración e revitalización do seu casco urbano.
O roteiro é gratuíto, pero a inscrición está limitada a 50 persoas, a metade das cales deben pertencer á comunidade universitaria da EPSE. As prazas poden reservarse no enderezo electrónico mariadomar.perez [at] usc.es (mariadomar[dot]perez[at]usc[dot]es).
Programa de actividades:
- 8:00 Saída de Lugo en autobús
- 9:45 Chegada a Allariz
- 10:00 Visita á granxa de produción de leite ecolóxico Ecoleia
- 11:00 Visita ao Centro de Asinoterapia e de produción de xabóns con leite de burra
- 13:00 Recepción na Casa do Concello
- 14:30 Tempo libre para xantar
- 16:30 Visita guiada ao Festival Internacional de Xardíns
- 17:30 Visita guiada ao conxunto histórico e ao Museo do Coiro (antiga fábrica de curtidos da familia Nogueiras).
- 19:30 Volta para Lugo