Pasar al contenido principal

O campus de Lugo dá a benvida ao seu alumnado o luns 9 ás 12.30h no auditorio de Veterinaria

O campus de Lugo dá a benvida ao seu alumnado o luns 9 ás 12.30h no auditorio de Veterinaria
O campus de Lugo dá a benvida ao seu alumnado o luns 9 ás 12.30h no auditorio de Veterinaria
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidirá a xornada de benvida ao novo alumnado que terá lugar o vindeiro luns 9 de setembro, a partir das 12.30h, no vestíbulo...
Lugo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidirá a xornada de benvida ao novo alumnado que terá lugar o vindeiro luns 9 de setembro, a partir das 12.30h, no vestíbulo do Auditorio da Facultade de Veterinaria.

 

O acto contará coa asistencia de representantes de Concello, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia. Tralas intervencións das autoridades, os e as asistentes poderán gozar dunha Máster Class de baile latino.

 

Ademais, tal e como xa aconteceu en edicións anteriores, os servizos do campus disporán de espazos expositores nos que dar a coñecer a súa actividade. Biblioteca Intercentros, Área de Orientación e Inserción Laboral, Oficina de Cultura, Servizo de Deportes, Servizo de Participación e Integración Universitaria, Servizo de Relacións Exteriores, Normalización Lingüística, Centro de Linguas Modernas, Oficina de Igualdade de Xénero, Desenvolvemento Sostible, Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico (CACTUS) ou a Oficina de Información Universitaria, están convidados para dar a coñecer a súa múltiple e diversa actividade. Xunto cos espazos propios da USC, tamén participarán cun espazo expositor propio Concello e Deputación de Lugo, Dirección Xeral de Xuventude e Banco Santander.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.