Pasar al contenido principal

A Casa do saber acolle o martes 7 de maio a xornada ‘Lugo cara o futuro. Sociedade e Universidade’ oganizada pola USC e El Progreso

A Casa do saber acolle o martes 7 de maio a xornada ‘Lugo cara o futuro. Sociedade e Universidade’ oganizada pola USC e El Progreso
A Casa do saber acolle o martes 7 de maio a xornada ‘Lugo cara o futuro. Sociedade e Universidade’ oganizada pola USC e El Progreso
A USC, en colaboración con El Progreso, organiza a xornada ‘Lugo cara o futuro. Sociedade e Universidade’ que se celebrará a mañá do vindeiro martes 7 de maio na Casa do Saber, a partir das 10.00h, e...
Lugo

A USC, en colaboración con El Progreso, organiza a xornada ‘Lugo cara o futuro. Sociedade e Universidade’ que se celebrará a mañá do vindeiro martes 7 de maio na Casa do Saber, a partir das 10.00h, e na que diferentes relatores abordarán eidos estratéxicos para a provincia e para a comunidade no seu conxunto como é o caso do sector primario, a tecnoloxía, a mobilidade e a cultura.

 

A sesión estará dividida en tres mesas temáticas, tratando a primeira delas sobre o sector primario e na que participarán directivos de Lactalis, LugoMadera, Pescados Rubén e Adegas Moure, xunto coa adxunta á Vicerreitoría de Coordinacion do Campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, e Elena López Colmenero da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC. A mesa estará moderada polo subdirector de El progreso Tito Diéguez.

 

A continuación, será a quenda das empresas tecnolóxicas e de mobilidade, contando esta mesa temática coa participación de Monbus, Norvento, Agroamb e 3edata. Por parte da USC, estarán presentes nesta mesa temática o profesor da EPS de Enxeñaría Alberte Castro Ponte e Patricia González Alonso da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento. A mesa estará moderada polo xornalista de El progreso Arsenio Coto.

 

A xornada pecharase  cunha mesa especializada en cultura e que contará coa presenza do cineasta Jorge Coira, o escritor Antonio Reigosa, representantes do festival FaCeLa Fest, a fundación Uxío Novoneyra e a Sociedad Filarmónica Lucense. A responsable da oficina de Cultura no campus de Lugo Paloma Lugilde tamén tomará parte nesta mesa moderada polo xornalista de El Progreso e escritor Santiago Jaureguízar.

 

A asistencia é libre ata completar aforo previa confirmación no enderezo electrónico vr.lugo [at] usc.es (vr[dot]lugo[at]usc[dot]es)

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.