A Casa do Saber acolle este martes unha conferencia sobre a India e Paquistán
O profesor ad Honorem da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, director de Investigación (Honorario) do Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS) de París, e xeopolitólogo...
Lugo
O profesor ad Honorem da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, director de Investigación (Honorario) do Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS) de París, e xeopolitólogo Max-Jean Zins, imparte este martes unha conferencia na Casa do Saber, a partir das 20.00h, baixo o título ‘O trauma da separación entre A India e Paquistán’.
A conferencia enmárcase dentro do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, o cal continuará o martes 22 de xaneiro co relatorio ‘A India: potencia e crecemento’, novamente a partir das 20.00h e cuxa entrada tamén será libre e de balde ata completar aforo.