Pasar al contenido principal

Chegan as ‘Sesións de Filmoteca’ ao Campus Terra

Chegan as ‘Sesións de Filmoteca’ ao Campus Terra
Chegan as ‘Sesións de Filmoteca’ ao Campus Terra
A Casa do Saber do Campus Terra acolle dende este mércores 3 de outubro o inicio das actividades cinematográficas do Clube Cultural Valle-Inclán no derradeiro trimestre de 2018 coa proxección das...
Lugo

A Casa do Saber do Campus Terra acolle dende este mércores 3 de outubro o inicio das actividades cinematográficas do Clube Cultural Valle-Inclán no derradeiro trimestre de 2018 coa proxección das ‘Sesións de Filmoteca’ que este colectivo desenvolve en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe.

 

Cada mércores, ás 19:30 horas, realizarase unha proxección cuxa entrada é libre para os socios do clube e para a comunidade universitaria. O resto do público deberá pagar 1€.

 

 

Consulta o programa das proxeccións:

  • 03 de outubro: Caras y lugares de Agnès Varda
  • 10 de outubro: Western de Valeska Grisebach
  • 17 de outubro: Vigo 1972 de Roi Cagiao
  • 24 de outubro: A Ciambra de Jonas Carpignano
  • 31 de outubro: Amante por un día de Phillippe Garrel

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.