Pasar al contenido principal

Consulta a oferta formativa do Espazo de Fotografía da USC no Campus Terra para o curso 2018-2019

Consulta a oferta formativa do Espazo de Fotografía da USC no Campus Terra para o curso 2018-2019
Consulta a oferta formativa do Espazo de Fotografía da USC no Campus Terra para o curso 2018-2019
ESPAZO de fotografía
 
Componse de 6 módulos:
Concédense créditos ETCS
 
MÓDULO  1.- Analóxico.
Relator: Eduardo Ochoa
Descrición: A diferenza entre unha boa fotografía e unha...
Lugo

ESPAZO de fotografía

 

Componse de 6 módulos:

Concédense créditos ETCS

 

MÓDULO  1.- Analóxico.

Relator: Eduardo Ochoa

Descrición: A diferenza entre unha boa fotografía e unha mala está, en parte, no dominio da técnica, pero só en parte. O resto, o máis importante, reside na capacidade, imaxinación e, sobre todo, o talento que o fotógrafo poida ter.

Neste curso trataremos de explicar como funciona a cámara fotográfica e como sacarlle todo o partido posible á imaxe no laboratorio. Estudaremos tamén a obra dos grandes mestres da fotografía.

Lugar: Facultade de Veterinaria

Datas: luns e mércores, do 8 de outubro ao 21 de novembro

Horario: entre as 19:00 a 21:00 h

Horas : 25

Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros

 

 

MÓDULO 2.- Dixital.

Relator: Fernando Gago

Descrición:

A cámara dixital o seu funcionamento e configuración. Non existe nivel, non é só de iniciación, o profesor adaptarase ás competencias do alumnado.

Lugar: Escola de Formación de Profesorado

Datas: martes e xoves, do 30 de outubro ao 20 de decembro

Horario: entre as 19:00 a 21:00 h

Horas: 25

Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros

Contido:

A CAMARA DIXITAL – FUNCIONAMENTO E CONFIGURACIÓN

  • Tipos e clases de cámaras fotográficas dixitais, os teléfonos intelixentes
  • Diferenzas entre a fotografía analóxica e a fotografía dixital
  • Partes da cámara fotográfica dixital e o seu funcionamento
  • O diafragma (os números f.). O obturador (a velocidade de obturación). A profundidade de campo.
  • A relación entre diafragma, velocidade de obturación e valor ASA.
  • A sensibilidade ASA, tipos de fotometría, automatismos, enfoque, exposición, histograma, etc.
  • Tipos e clases de obxectivos para cámaras dixitais, o seu uso en relación co tipo de fotografía, a profundidade de campo.

O SENSOR, A COR E BALANCE DE BRANCOS

  • O sensor da cámara (tipos), o rango dinámico.
  • Colorimetría, a teoría da cor.
  • O balance de brancos e a temperatura da cor.
  • O rango dinámico do sensor.
  • O ruído dixital.

OS FICHEIROS FOTOGRÁFICOS

  • Bits e píxels (introdución)
  • Formatos de imaxe: RAW, TIFF, JPEG, PSD.
  • Xestión de ficheiros con Windows e Adobe.

O SISTEMA E A CONFIGURACIÓN

  • Configuración da cámara, o histograma.
  • Espazo de cor, configuración de Adobe Photoshop.

O FLASH

  • Os tipos e clases de flash.
  • A sincronización do flash.
  • O número guía.
  • A iluminación con flash.

OS EXTERIORES E A LUZ NATURAL

  • A luz do Sol, luminosidade, intensidade e inclinación.
  • As fontes de luz naturais.
  • Axentes que afectan as fontes de luz.
  • Tipos de iluminación.

ADOBE PHOTOSHOP

  • Empezar a traballar con Photoshop: a interface do programa.
  • Complementos de Photoshop: Adobe Bridge e Adobe Camera RAW; xestión e tratamento de ficheiros RAW.
  • As Ferramentas de Photoshop aplicadas á fotografía.
  • O retoque fotográfico básico: Curvas, niveis, ton de saturación, clonación e outras ferramentas de Photoshop.
  • Ferramentas de selección, sistemas de selección.
  • Modificación e axuste de fotografías: corrección de perspectivas, recortes, resolución para impresión, interpolación, enfoque, etc.
  • As capas e máscaras de capas. O retoque por zonas
  • A conversión a branco e negro, técnicas de virados.
  • Tratamento e retoque de paisaxes e retratos.

NOTA:

  • Para realizar este curso é imprescindible posuír uns coñecementos básicos de informática, tales como: crear cartafois, navegar por cartafois e ficheiros, cortar, pegar e copiar ficheiros, así como ter uns coñecementos básicos do sistema operativo Windows.

 

 

MÓDULO 3.- Curso de fotografía co móbil

Relatora: Sabela Eiriz

Descrición: Neste curso aprenderemos as pautas básicas para sacar o máximo partido á cámara do noso teléfono intelixente e a aproveitar todas posibilidades de posprodución con programas de edición para o móbil. O curso está enfocado tanto a persoas cun interese previo na fotografía coma para todas aquelas que queiran achegarse a ela facilmente co seu dispositivo móbil.

Lugar: Facultade de Veterinaria

Prazas: 6 mínimo / 12 máximo

Datas: luns, do 15 de outubro ao 5 de novembro,

Horario:  entre as 16.30 a 19.30 h

Contidos

Clase 1: Introdución ao curso. Presentacións do alumnado e dos seus intereses respecto ao curso.

Aspectos técnicos necesarios á hora de tomar fotografías co móbil. Nocións fundamentais que cómpre ter en conta para fotografar co teléfono móbil, aprendendo a controlar todos os axustes á nosa disposición.

Clase 2: Edición fotográfica co móbil e as súas posibilidades creativasAchegamento aos programas de edición. Retoque das fotografías para acadar a imaxe desexada. Posibilidades dispoñibles co teléfono para explorar todas as posibilidades artísticas e fotográficas.

Clase 3: Fotografía de retrato e autorretrato e fotografía de bodegóns (obxectos e comida). Aspectos técnicos e creativos.

Clase 4: Fotografía na cidade e fotografía de paisaxe e natureza. Aspectos técnicos e creativos.

Peche do curso e resolución de dúbidas.

Metodoloxía:

  • Exposición teórica de aspectos técnicos
  • Aproximación de exemplos fotográficos en diálogo cos intereses dos participantes
  • Traballo reflexivo persoal
  • Exercicio práctico da fotografía de maneira individual e en grupo
  • Resolución de dúbidas de xeito teórico e práctico
  • Visionamento e análise dos traballos

 

 

MÓDULO 4.- Divulgación científica e elaboración de material didáctico dende o audiovisual

Relator: Adrián  Vázquez

Descrición: O módulo ten como principal obxectivo coñecer e aprender a manexar ferramentas, metodoloxías de traballo e coñecementos do audiovisual con orientación a producir o seu propio material de divulgación científica (ou doutra rama do coñecemento) e de carácter didáctico.

Datas: todos os venres entre o 26 outubro e o 14 de decembro

Horario: entre as 18 e as 22 h. 

Lugar: Escola de Formación de Profesorado

Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros

Temario:

- Ferramentas precisas para elaborar un vídeo:

Farase especial fincapé no uso das cámaras DSLR, unha das opcións máis económicas e que ofrece un elevado número de vantaxes respecto a outras opcións. Valoraranse todas as opcións que temos dispoñibles dende os teléfonos móbiles ata as cámaras de vídeo.

Tamén se tocarán os tipos e opcións distintas que podemos dispoñer para capturar audio para as distintas tipoloxías de vídeos.

-Manexo das ferramentas do audiovisual e a súa correcta configuración:

Tratará sobre a configuración precisa dos equipos de audio e vídeo en función do tipo de obra que se precise elaborar, así como os conceptos básicos, formatos e regras usadas no mundo do vídeo.

-O audio.

Tratarase a correcta metodoloxía para captar e tratar os arquivos de audio. Ademais de conceptos básicos de limpeza e sincronización co vídeo do proxecto.

-Software de edición de vídeo e audio. É quizais unha dos contidos máis relevantes do curso e que se terá presente dende o primeiro momento. Usaranse tres softwares ao longo de todo o curso. Un editor de vídeo, un editor para engadir efectos especiais (as veces necesarios para achegar ideas complexas, sobre todo en ciencia) e outro de edición de fotografía, que nos axudará a preparar certos fotogramas dos vídeos e incluso sinxelas animacións.

-Contido práctico.

Durante todo o curso elaboraremos material propio para poñer en práctica os conceptos teóricos e ferramentas presentadas. En función do grupo matriculado no módulo as temáticas de cada un dos puntos anteriores poderán variar, de forma que se fagan máis eficientes para todos os asistentes ao curso.

Poñerase a disposición dos asistentes diverso material elaborado con anterioridade para poder traballar sobre os conceptos. Tamén nos guiaremos para explicar conceptos teóricos polo documental de divulgación científica “O tempo é relativo” e arquivos procedentes da fase de edición deste; e tamén de charlas do ciclo “Achegando a ciencia” elaboradas pola Asociación de Divulgación Científica Caladiños. Este material foi elaborado polo docente do curso e por Belén Cordero Rodríguez, diseñadora gráfica. Obxectivos:

1. Coñecer e manexar a configuración das ferramentas precisas para elaborar vídeo.

2. Coñecer e manexas software de edición de vídeo e audio.

3. Coñecer e saber responder aos factores externos que condicionan a rodaxe do vídeo.

4. Adquirir consciencia da importancia que ten a elaboración dun bo material audiovisual para transmitir ideas académicas ou doutra índole.

Competencias:

1. Que os asistentes ao curso sexan conscientes das posibilidades e recursos que precisan para elaborar cada tipo de material e sexan capaces de responder a eles.

2. Que os asistentes ao curso o rematen sendo capaces de elaborar os seus propios recursos didácticos e divulgativos no formato audiovisual.

3. Que ao remate do curso exista un corpus de material propio elaborado.

4. Que os asistentes adquiran a capacidade de manexar e configurar a nivel básico equipos audiovisuais.

Durante o curso alternarase a teoría e a práctica. Cobrará moita importancia a parte práctica pois é a que lle permite ao alumno facerse consciente do que precisa e dos inconvenientes que xorden ao elaborar un vídeo (tales como as condicións e cambios de luz, a falta en ocasións de materiais moi específicos para obter o resultado buscado, a busca de solucións sinxelas a problemas e outros factores que poden condicionar por completo a rodaxe dun bo material audiovisual).

 

 

MÓDULO 5.-Taller de introdución á fotografía creativa

Relatora: Sabela Eiriz

Descrición: Un achegamento á fotografía artística para construír imaxes traballando a partir da súa conceptualización, poñendo en práctica as posibilidades estéticas da linguaxe visual que nos permitan afondar e atopar unha forma de expresión propia.

Prazas: 6 mínimo / 12 máximo

Datas: luns do 12 de novembro ao 14 de xaneiro

Horario: entre as 16:30 a 19:30

Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros

Horas: 25

CONTIDOS

Clase 1 (3h).- Introdución ao curso. Aproximación teórica á fotografía creativa e traballos artísticos. Presentacións e baleirado creativo do alumnado e dos seus intereses de cara ao uso da fotografía. Dinámicas de busca creativa persoal para abrir liñas de traballo ao longo do curso.

Clase 2 (3h).- Traballar con obxectos. Referentes artísticos e aspectos teórico-fotográficos. Ideación e planificación das fotografías. Traballo práctico persoal autorizado. Revisión de imaxes.

Clase 3 (3h).- Traballar co retrato. Referentes artísticos e aspectos teórico-fotográficos. Ideación e planificación das fotografías. Traballo práctico persoal autorizado. Revisión de imaxes.

Clase 4 (3h).- Traballar co espazo I (Interiores). Referentes artísticos e aspectos teórico-fotográficos. Ideación e planificación das fotografías. Traballo práctico persoal autorizado. Revisión de imaxes.

Clase 5 (3h).- Traballar co espazo II (Exteriores). Referentes artísticos e aspectos teórico-fotográficos.

Ideación e planificación das fotografías. Traballo práctico persoal autorizado. Revisión de imaxes.

Clase 6 (3h).- Traballar co autorretrato. Referentes artísticos e aspectos teórico-fotográficos.

Ideación e planificación das fotografías. Traballo práctico persoal autorizado. Revisión de imaxes.

Clase 7 (3h).- O proxecto fotográfico. Introdución ás correntes actuais na fotografía á hora de desenvolver un traballo creativo co apoio teórico de referentes artísticos de diferentes estilos e épocas. Aprendizaxe da estrutura básica e as fases necesarias para saber levar a cabo un proxecto fotográfico, dende a súa concepción até a súa presentación. Desenvolvemento persoal dos traballos creativos do alumnado segundo os seus intereses.

Clase 8 (4h).- Peche do curso. Revisión dos contidos impartidos e visionamento conxunto dos traballos feitos. Resolución de dúbidas relacionadas co curso e apoio docente con proxectos do alumnado.

* Os contidos poderán variar ou axustarse en función dos intereses e vías creativas do alumnado.

METODOLOXÍA

- Exposición interactiva de aspectos teóricos da fotografía en diálogo cos intereses dos participantes

- Traballo reflexivo en pequenos grupos

- Dinámicas de busca creativa

- Exercicio práctico da fotografía

- Visionamento e análise crítica dos traballos

 

 

MÓDULO 6.- Fotografía de rúa e social

Relator: Marcos López

Descrición:  O obxectivo deste módulo é facer unha viaxe persoal a través dos distintos estilos e movementos fotográficos máis relevantes da historia da fotografía. Para iso, os  participantes ,  mediante a alternancia de clases teóricas, sesións fotográficas grupais na procura dos diferentes estilos e a edición do material recollido na rúa chegar a evolucionar e aprender como fotografía deste carácter. A procura dos diferentes estilos e a viaxe a través dos diferentes autores permitiralles aos alumnos do módulo experimentar coa súa cámara e adquirir destreza fotográfica, ademais de recursos para saber afrontar outros tipos de situacións. A forma e o contido do curso axudaralle ao alumno a atopar un estilo propio. Non é preciso dispoñer de cámara fotográfica, aínda que si é recomendable (hoxe en día, mesmo algún teléfono móbil ofrece a calidade precisa para a fotografía artística).Durante o curso, que se repartirá nos módulos que se consideren precisos, traballaranse os seguintes puntos:

Datas todos os sábados entre os días 2 e 30 de marzo

Horario: entre as 10 ás 14:30 h

Lugar: Casa do Saber

Prazas: 20

Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros

Temario:

- Manexo do equipo (unha ou varias sesións)

En función dos coñecementos dos asistentes partirase dun nivel ou doutro. E na primeira clase trataranse cuestións de manexo e configuración da cámara, ademais das posibilidades que ofrecen as distintas configuracións.

-Teoría fotográfica, estilos e obras de recoñecidos fotógrafos

É quizais unha das partes máis apaixonantes do curso. Nela analizaranse as fotografías e estilos dos diferentes autores propostos, ademais da metodoloxía que eles mesmos empregaban, técnicas e cuestións que fixeron a súa obra única e innovadora.

-Práctica

Tras os contidos teóricos que caracterizan a cada autor e estilo. O grupo sairá a rúa en grupo na procura do analizado na clase teórica. Será a propia cidade a que sirva de espazo de prácticas.

-Autoavaliación

Unha vez rematada a práctica regresaremos coas fotografías á aula para aplicar a edición que caracteriza o estilo que procuramos nesa sesión. E observar os fallos que puidemos cometer durante a práctica, quedando os erros presentes na nosa mente.

Descrición da dinámicas das clases

Modelo 1.- Ao comezo de cada sesión presentaremos o estilo de fotografía de rúa que imos procurar nesa xornada. Ademais, a través dos autores máis relevantes de cada movemento faremos unha viaxe a través da súa obra. Nese momento é cando se presentarán de forma teórica os aspectos que debemos empregar para procurar as imaxes que posúen ese estilo. Posteriormente o grupo sairá a rúa a intentar buscar ese tipo de fotografía, para finalmente regresar a aula e aprender a editar segundo o estilo que perseguiamos durante esa xornada e debater sobre os posibles erros.

Modelo 2.- Como alternativa ao modelo 1 impartiremos unha sesión na que presentaremos o estilo de fotografía de rúa que imos procurar na seguinte xornada (que será puramente práctica), ademais dos autores máis relevantes de cada movemento, facendo unha viaxe a través da súa obra. Neste momento é cando se presentará teoricamente o que debemos empregar para procurar as imaxes con ese estilo. Posteriormente, na seguinte clase, o grupo sairá á rúa para intentar buscar ese tipo de fotografía. Nesa mesma xornada regresaremos á aula e aprenderemos a editar segundo o estilo que perseguiamos e debateremos sobre os posibles erros.

Obxectivos

1. Coñecer e manexar a configuración das ferramentas precisas para capturar esas fotografías artísticas.

2. Coñecer os diferentes estilos e tratamentos de imaxe presentes na historia da fotografía artística.

3. Recoñecer os elementos e aspectos que caracterizan a obra de cada autor.

4. Tomar consciencia dos parámetros que o fotógrafo debe modificar para conseguir expresarse a través da súa cámara.

5. Aprender a dominar a luz.

6. Aumentar a imaxinación e a innovación á hora de expresar ideas dun xeito diferente.

Competencias

1. Que os asistentes ao curso sexan conscientes das posibilidades e recursos que teñen no momento de saír na procura dun determinado estilo fotográfico.

2. Que os asistentes ao curso o rematen podendo facer un percorrido pola historia da fotografía artística, de modo que esta lles sirva para atopar o seu propio estilo.

3. Que os alumnos interioricen a cámara e o dominio da luz para expresar ideas, do mesmo modo que empregan a linguaxe escrita ou a pintura.

4. Que o alumnado recoñeza os trazos que caracterizan unha fotografía.

5. Que o alumnado comprenda os elementos da edición que axudan a conseguir o aspecto artístico desexado

Sobre o curso

Durante o curso alternarase a teoría e a práctica dun xeito moi dinámico, de forma que resultará unha viaxe apaixonante para cada alumno. Propoñemos ao final do curso realizar unha exposición coas imaxes captadas.

 

 

Infórmate na Área de Cultura do Campus de Lugo

 

Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade s/n, 2º andar

Teléfonos: 982 821 510 / 982 821 513

e-mail: cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.